Grunerita
A grunerita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos. É un hidroxi-silicato de ferro —pode levar flúor como impureza—. É o extremo con ferro da serie de solución sólida na que o outro extremo con magnesio é a cummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2).
Grunerita | |
---|---|
![]() | |
Fórmula química | Fe7Si8O22(OH])2 |
Clase | Silicato |
Subclase | Inosilicato |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Marrón cinsenta |
Brillo | De vítreo a sedoso |
Dureza | 5 - 6 (escala de Mohs) |
Raia | Incolora |
Densidade | 3,45 g/cm3 |
Foi chamado así na honra de L.E. Grüner (1809-1883), químico franco-suízo que foi o primeiro que analizou este mineral en 1853, xunto con todos os termos férricos da súa serie.
Variedades
editarA amosita ou amianto marrón é unha variedade fibrosa da grunerita, máis importante que esta, pola súa aplicación industrial como asbesto ou amianto. O seo nome provén do acrónimo de "Asbestos Mines of South Africa", onde se descubriu. Na actualidade, o uso de asbestos marrón de amosita asbesto está restrinxido en moitos estados europeos porque o po das fibras pode producir enfermidades pulmonares por inhalación. Recoméndase a coleccionistas gardalo en caixa de plástico hermética. A montasita, outra variedade de grunerita pouco coñecida, tamén se usa como asbesto.
Ambiente de formación
editarA grunerita é un mineral raro, pero característico de rochas metamórficas procedentes do metamorfismo rexional ou dinamotérmico de sedimentos silíceos ricos en ferro.
Localización, extracción e uso
editarHai importantes depósitos de grunerita en Australia, China e Estados Unidos. En España aparece en Madrid, Ojén (Málaga) e Vigo (Galiza). Á parte do interese para coleccionistas só se explota para asbestos, cunha importante mina de amosita no Departamento de Santa Cruz (Bolivia).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grunerita |
- Sitio sobre mineraloxía da Universidade a Distancia EspañolaArquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- Datos sobre localización de grunerita (en inglés)
- Sitio web con datos de gruneria (en inglés)
- Galería de imaxes de grunerita en Internet: [1] [2], e de amosita: [3]