Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean
Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean[1] (en armenio: Գրիգոր Պետրոս Ը. Տէր Աստուածատուրեան, Grigor Petros Ë. Tēr Astowaçatowrean (ISO 9985)), finado o 9 de xaneiro de 1866, foi o 8º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 17 de xullo de 1843 até o seu pasamento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Dörteylül, Turquía (pt) ![]() ![]() |
Morte | 9 de xaneiro de 1866 ![]() Bsumar, Líbano ![]() |
8º Patriarca católico armenio de Cilicia | |
25 de xaneiro de 1844 – 9 de xaneiro de 1866 ← Xacobe Pedro VII Holasean – Antón Pedro IX Hasownean → | |
Bispo titular | |
maio de 1826 – Diocese: Caesarea in Cappadocia degli Armeni (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1826–), Patriarca ![]() |
Consagración | Gregorio Pedro VI Cheranean ![]() |
Traxectoria
editarFoi director do seminario de Bsumar e vigairo patriarcal. O 17 de xullo de 1847 foi elixido patriarca de Cilicia logo da morte de Xacobe Pedro VII Holasean.
Durante o seu pontificado convertéronse moitos armenios ao catolicismo, polo que o patriarca dirixiu os seus esforzos á atención pastoral dos seus fieis, construíndo igrexas, capelas e escolas, e tratando de mellorar a formación dos seminaristas. En 1853 convocou por primeira vez un sínodo en Bsumar, onde se tomaron decisión nos ámbitos litúrxico, pastoral e canónico. Durante o sínodo o patriarca ordenou cinco novos bispos.
Finou no cargo o 9 de xaneiro de 1866.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Xacobe Pedro VII Holasean |
Patriarca de Cilicia 1843 - 1866 |
Sucesor: Antón Pedro IX Hasownean |
Notas
editar- ↑ O seu apelido tamén aparece como Der-Asduazadrian.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vernier, Donat (2012). Hachette Livre, ed. Histoire du Patriarcat arménien catholique (Ed.1891).