Granda, Xixón
Granda é unha parroquia do concello asturiano de Xixón. En 2008 tiña 626 habitantes e en 2018 643.[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | Xixón | |||
Poboación | ||||
Poboación | 663 (2022) (155,85 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 4,254 km² | |||
Altitude | 48 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Código INE | 33024100000 | |||
Xeografía
editarPola parroquia discorre o río Piles, xerando un espazo de natureza fluvial transitable pola Senda Fluvial do río Piles, que mide 19 km e se conecta coa Vía verde da Camocha.[2] Os seus límites son ao norte o barrio de Ceares traspasando a autoestrada do Cantábrico; ao leste a parroquia de Castiello de Bernueces; ao oeste o barrio de Nuevo Roces mediante a AS-I; ao sur as parroquias de Leorio, Huerces e Vega.
Transportes
editarGranda é vertebrada pola AS-377, que une Pola de Siero con Xixón. Por Granda discorre a Liña 16 de EMTUSA que conecta a estación de Xixón con Veiga e o autobús nocturno B-4, que enlaza Vega con Viesques, La Arena e El Humedal.[3][4]
Historia
editarGranda pertencera aos feudos do Señorío de Noreña dende uns privilexios outorgados polo rei Xoán I en 1383. A principios do século a parroquia aparece como exclusivo lugar de residencia para as clases altas antillanas, como é exemplo a leira Solavieya, de 1918. En 1924 chégase a conceder unha ostentosa festa ao Príncipe de Asturias Juan de Borbón.[5]
Sitios de interese
editarSolavieya
editarCasa de indianos deseñada por Manuel do Busto con gran xardín.
Igrexa de Santo Tomás
editarIgrexa parroquial referenciada por primeira vez no ano 933 como igrexa de Santo Tomás de Vaones, sendo unha das igrexas máis antigas de Xixón. A mediados do século a igrexa derrúbase e constrúese unha nova na localización actual. Con todo, esta igrexa tamén se destrúe polo seu mal estado en favor dunha nova igrexa inaugurada en 1908 baixo o amparo de José Antonio García Sol, promotor tamén de Solavieya. Durante a Guerra Civil este templo sofre o mesmo destino que as súas predecesoras, construíndose a nova igrexa en 1947.[5]
Matadoiro de Xixón
editarGranda alberga a planta do Matadoiro de Xixón.[6]
Lugares
editar- Vaones
- Granda de Baxo
- Granda de Riba
- La Barniella
- La Belga
- La Carbayera
- La Folguera
- El Foru
- La Perdiz
Notas
editar- ↑ Ayuntamiento de Gijón. "Padrón De Habitantes Actual. Población Barrios Y Parroquias Por Sexo".
- ↑ Ayuntamiento de Gijón. "Senda Fluvial del Río Piles".
- ↑ EMTUSA. "Línea 16" (PDF).
- ↑ EMTUSA. "Búho 4" (PDF).
- ↑ 5,0 5,1 Asociación de Vecinos Granda. "Historia Granda" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2022. Consultado o 2022-07-20.
- ↑ "Matadero de Gijón".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "INEbase / Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales". Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2022.
- "Nomenclátor de entidades de población de Asturias 2008". Consultado o 26 de novembro de 2022.