Gran Premio da Emilia-Romaña
O Gran Premio da Emilia-Romaña foi unha carreira de automobilismo disputada en Italia, formando parte do calendario da tempada 2020 de Fórmula 1.
Nome na lingua orixinal | (it) Gran Premio dell'Emilia-Romagna |
---|---|
Tipo | evento deportivo recorrente |
Deporte | competición de Fórmula 1 e deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Enzo e Dino Ferrari (Imola) 44°20′28″N 11°42′48″L / 44.341111111111, 11.713333333333 |
Lonxitude | 4,909 km |
País | Italia |
Vixencia | 2020 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Formará parte do calendario de 2020 porque o calendario orixinal viuse afectado pola pandemia da COVID-19 e levou á celebración de novas carreiras para completar unha Tempada de 17 carreiras.[1] Confirmouse en xullo xunto co Gran Premio de Eifel e Portugal.[2]
O nome provén da rexión italiana onde se atopa o Autódromo Enzo e Dino Ferrari, que regresa á F1 despois de 14 anos, despois de correr por última vez no Gran Premio de San Marino de 2006.[3]
Historia
editar2020–2021
editar- Artigos principais: Gran Premio da Emilia-Romaña de 2020 e Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021.
A pandemia de COVID-19 en 2020 provocou a interrupción do calendario de carreiras programado orixinalmente, con varias carreiras canceladas. O Gran Premio da Emilia-Romaña engadiuse ao calendario revisado pensado como unha carreira "única", como un dos varios Grandes Premios novos ou que volvían, para compensar a perda doutras carreiras. O evento utilizou un formato único de fin de semana de dous días, cunha sesión de práctica, o sábado, en lugar das tres habituais.[4][5] O Mercedes de Valtteri Bottas clasificouse na pole, co seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton gañando a carreira.[6]
A pesar de que orixinalmente estaba pensado para celebrarse como un evento único en 2020, debido á natureza en curso da pandemia de COVID-19, o Gran Premio da Emilia-Romaña regresou en 2021 o 18 de abril, substituíndo ao aprazado Gran Premio da China como segunda rolda da tempada 2021.[7][8] Lewis Hamilton logrou a pole con Max Verstappen gañando unha carreira dramática e afectada pola choiva.[9]
2022
editar- Artigo principal: Gran Premio da Emilia-Romaña de 2022.
O evento apareceu no calendario do 2022 por terceira edición consecutiva, e acolleu por primeira vez un dos tres formatos ao sprint durante a tempada.[10] A principios de 2022, os organizadores anunciaron que se asinara un contrato para seguir organizando o Gran Premio ata 2025.[11] O Gran Premio viu acadar a Max Verstappen o seu segundo grand chelem xa que gañou a carreira por segundo ano consecutivo.
Gañadores
editarFórmula 1
editarNotas
editar- ↑ El Universo (24 de xullo de 2020). "COVID-19 obrigou á Fórmula 1 a cancelar os GP de México, Brasil, Estados Unidos e Canadá". eluniverso.com. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ "Imola, Nurburgring, Portimao… a F1 quedase en Europa, como nos 70". El Confidencial (en castelán). 24 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ Carburando.com (22 de xullo de de 2020). "Imola volve ao calendario da F1 este ano". carburando.com. Consultado o 22 de xullo de de 2020.
- ↑ Morlidge, Matt (25 de agosto de 2020). "Nurburgring, Portugal and Imola races added to F1 2020 calendar". Sky Sports (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2020.
- ↑ "Nurburgring, Portugal and Imola races added to F1 2020 calendar". Formula 1 (en inglés). 24 de xullo de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020.
- ↑ "Standings". Formula 1. Consultado o 2021-05-08.
- ↑ "F1 Schedule 2021 – Bahrain to host season opener as Australia moves later in calendar and Imola returns". Formula1.com. 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ Smith, Luke (12 de xaneiro de 2021). "F1 adds Imola to 2021 calendar, Australian GP moved to November". motorsport.com. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Hamilton v Verstappen show in full swing". BBC Sport.
- ↑ "Formula 1 announces 23-race calendar for 2022". www.formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 15 de outubro de 2021.
- ↑ "Formula 1 announces it will race at Imola until 2025". Formula1.com. 7 de marzo de 2022. Consultado o 7 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio da Emilia-Romaña |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |