Gramátidos
(Redirección desde «Grammatidae»)
Os Gramátidos (Grammatidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. A súa área de distribución redúcese á costa oeste tropical do Atlántico.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/c/c9/3757_aquaimages.jpg/300px-3757_aquaimages.jpg)
Características
editarAlgunhas especies teñen cores chamativas polo que son moi apreciadas como animal de acuario.
A liña lateral -cando está presente- divídese en dous segmentos. A aleta dorsal é longa e presenta 11-13 espiñas; a anal é curta; as pectorais, moi grandes, cunha espiña; nas pelvianas, unha espiña e 5 radios brandos.
Tódalas especies desta familia son de pequeno tamaño (menos de 10 cm).
Clasificación
editarDivídense en dous xéneros e doce especies:
- Xénero Gramma
- Xénero Lipogramma
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Gramátidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gramátidos |