Gorilla gorilla diehli
O Gorilla gorilla diehli é unha das dúas subespecies do Gorilla gorilla. Esta subespecie atópase nunha pequena área de Nixeria e o Camerún, tanto en selva tropical como subtropical, que é tamén hábitat do chimpancé de Nixeria-Camerún.
Gorilla gorilla diehli | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto de Gorilla gorilla diehli. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Gorilla gorilla diehli (Matschie, 1904) | |||||||||||||||||
Área de distribución do Gorilla gorilla gorilla (en cor amarela).
|
Estímase que só quedan de 250 a 300 Gorilla gorilla diehli e é o simio máis ameazado de África. As súas poboacións están concentradas en aproximadamente 9 ou 11 localizacións separadas por terras de labradío. Aínda así, diversos estudos xenéticos elaborados no 2007[2] suxiren que estas localizacións están conectadas pola ocasional migración de individuos. Porén, a poboación que máis preto se atopa do Gorilla gorilla gorilla está a 250 km de distancia.
As súas principais ameazas son a perda do seu hábitat e o descenso do substrato alimenticio de arbustos. Son animais normalmente tímidos que foxen ó menor indicio de presenza humana.
Galería de imaxes
editar-
Gorilla gorilla diehli.
-
Nenos igbo a carón dun Gorilla gorilla diehli morto, 1906.
Notas
editar- ↑ Bergl, R.A.; Dunn, A.; Fowler, A.; Imong, I.; Ndeloh, D.; Nicholas, A. & Oates, J.F. (2016). "Gorilla gorilla ssp. diehli". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T39998A17989492. Consultado o 4 de outubro de 2016.
- ↑ Bergl, R. A. (2007). Genetic analysis reveals population structure and recent migration within the highly fragmented range of the Cross River gorilla (Gorilla gorilla diehli). Molecular Ecology. pp. 501–516.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorilla gorilla diehli |