Golparro
xograr galego do século XIII
Golparro foi un xograr galego do século XIII.[1]
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | trobador, xograr |
Traxectoria
editarGolparro sería un alcume que significaría "raposo vello". Ana Isabel Boullón Agrelo sostivo que o sobrenome Golparro sería unha mestura dos termos golpe e raposo. Manuel Fernández Rodríguez atopou un documento de compra por parte do Mosteiro de Santa María Melón de 1257, no que figura como vendedor un Juan Fernández coñecido como Golparro.[2]
Pola súa obra, na que fai alusión ao santuario de San Treeçon, deduciuse que foi orixinario da zona de Tui, onde venerábase a este santo naquela época.[3]
Obra
editarÉ autor dunha cantiga de amigo, sobre o santuario de San Treeçon, pertencente ao subxénero de cantigas de romaría.[4]
Notas
editar- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-03.
- ↑ Striker, Gabriela Edith (2018). "Problemas en la transmisión material de una cantiga del juglar Golparro". Universidad de Buenos Aires, Facultad de Filosofía y Letras, Departamento de Artes. Consultado o 2021-04-03.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-03.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-03.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.