Golfo de Gabes
O golfo de Gabes (en árabe: خليج قابس), é un golfo situado na costa leste de Tunisia, no mar Mediterráneo. O golfo posúe 100 quilómetros de longo, e inclúe o arquipélago das illas Kerkena ao nordeste e a illa de Xerba no sueste.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/9b/Gulf_of_Gabes_NASA.jpg/280px-Gulf_of_Gabes_NASA.jpg)
As augas do golfo bañan ás cidades de Sfax, Xerba e Gabes. A cidade de Gabes é un dos principais centros administrativos do país.
Dentro da fauna que alberga, destacan os atúns e as esponxas, polo que a actividade pesqueira é moi importante.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |