Gofraid ua Ímair
- Non confundir con Guthred rei viquingo de York no século IX
Gofraid (ou Gothfrith) (irlandés antigo: Gofraid ua Ímair, nórdico antigo: Góröðr), finado en 934, foi un caudillo hiberno-nórdico, monarca viquingo do reino de Dublín e, durante un breve tempo, tamén rei de Northumbria[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX ![]() |
Morte | 934 ![]() Dublín, Irlanda ![]() |
Rei de Northumbria | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | rei ![]() |
Período de tempo | 9th-century generation (en) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de Corbridge ![]() |
Familia | |
Familia | Uí Ímair (pt) ![]() ![]() |
Fillos | Blácaire mac Gofrith, Ragnall Guthfrithsson, Olaf Guthfrithsson ![]() |
Parentes | Ímar, avó ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarGofraid era un dos netos de Ímar, quen fundara a dinastía nórdica coñecida como Uí Ímair, que xunto cos seus parentes Sitric Cáech e Ragnall ua Ímair, sería moi influente e activa en Irlanda e norte de Britania[2].
A primeira referencia sobre Gofraid aparece en 918, cando acompaña a Ragnall na súa expedición a Northumbria e participa na batalla de Corbridge contra Constantino II de Escocia e Ealdred I de Bernicia. Non foi unha batalla decisiva, pero permitiu a Ragnall facerse co poder de Jórvik (York)[3][4][5]. Sihtric estableceríase como gobernante de Dublín a finais de 917, derrotando e matando ao gran rei de Irlanda Niall Glúndub o 14 de setembro de 919. Sihtric uniuse a Ragnall e Gofraid en Northumbria en 920, e sucedeu a Ragnall en 921. Gofraid regresou a Irlanda e gobernou Dublín[6][7].
O 10 de novembro de 921, o exército de Gofraid chega até Armagh, centro de culto de San Patricio e un dos lugares santos da igrexa de Irlanda. Os Anais de Ulster citan:
As casas de oración co seu complemento para os enfermos salváronse da destrución, e tamén o mosteiro, fóra dalgunhas vivendas que foron queimadas por descoido[8].
Os historiadores Ó Cróinín e Woolf contrastan este feito cos inicios da conquista viquinga de Irlanda[9]. As incursións no norte de Gofraid tiveron certo éxito no seu inicio, pero acabou nunha derrota polo exército liderado por Muirchertach mac Néill. Unha expedición ao reino de Limerick en 924 puido ter resultados mixtos, mentres os Anais do Ulster afirman que acabou en desastre, os Anais de Inisfallen mencionan que Gofraid "tomou aos reféns do sur de Irlanda"[10].
O fillo de Gofraid, Alpdann (nórdico antigo: Halfdan) morreu en batalla no ano 927 en Linn Duachaill (hoxe Annagassan), Condado de Louth por Muirchertach e os sobreviventes do seu exército cercaron aos viquingos ata que Gofraid trouxo reforzos desde Dublín para o rescatar. Sihtric Cáech morreu o mesmo ano, e os Anais do Ulster afirman que Gothfrith abandonou Dublín cunha frota. Parece que foi elixido como rei de Jórvik para suceder a Sihtric, pero aos seis meses xa estaba de volta en Dublín, despois de ser expulsado polo rei de Northumbria Aethelstan[11].
Ao seu regreso, Gofraid seguiu devastando Irlanda, con incursións a Osraige e Leinster en 930 e as pillaxes a Derc Ferna (hoxe condado de Kilkenny)[12].
Gofraid morreu en 934, os Anais do Ulster descríbeno como "o rei máis cruel dos homes do norte"[13]. Sucedeuno o seu fillo Olaf III Guthfrithson (m. 941), e outro fillo tamén gobernaría o reino de Dublín, Blácaire mac Gofrith.
Notas
editar- ↑ Quizais tamén Gofraid Ua Ímair,xa que representa máis un apelido que un nome do avó de Gothfrith; Ó Cróinín, no libro Early Medieval Ireland, p. 256, resalta sobre todo os netos de Ímar: "curiosamente, os pais non se mencionan en ningunha fonte <…> suxerindo que o nome se convertera nun apelido".
- ↑ Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin. ISBN 978-1-903765-89-0.
- ↑ Hart, "Ragnall"; Higham, Kingdom of Northumbria, p. 185–187
- ↑ Keynes, "Rulers of the English", p. 505, data o evento sobre o 919
- ↑ Woolf, Pictland to Alba, p. 142–144.
- ↑ Ó Cróinín, Early Medieval Ireland, p. 258
- ↑ Woolf, Pictland to Alba, p. 148.
- ↑ Anais do Ulster ano 921
- ↑ Ó Cróinín, Early Medieval Ireland, p. 259; Woolf, Pictland to Alba, p. 148.
- ↑ Anais do Ulster, ano 924; Anais de Inisfallen, ano 924.
- ↑ Anais do Ulster, s.a. 927; Higham, Kingdom of Northumbria, p. 189–190; Keynes, "Rulers of the English", p. 505; Woolf, Pictland to Alba, p. 151.
- ↑ Anais do Ulster ano 930, os cronistas din que o exército procedía de Limerick.
- ↑ Anais do Ulster, ano 934.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Williams Ab Ithel, J, ed. (1860). Annales Cambriae. Rerum Britannicarum Medii Ævi Scriptores. London: Longman, Green, Longman, and Roberts. Consultado vía Internet Archive.
- "Annals of the Four Masters". Corpus of Electronic Texts (16 December 2013 ed.). University College Cork. 2013. Consultado o 23 November 2014.
- "The Annals of Inisfallen". Corpus of Electronic Texts (16 February 2010 ed.). University College Cork. 2010. Consultado o 13 August 2015.
- "The Annals of Ulster". Corpus of Electronic Texts (15 August 2012 ed.). University College Cork. 2012. Consultado o 23 November 2014.
- Dumville, D. N. (2005). Brenhinoedd y Saeson, 'The Kings of the English', A.D. 682-954: Texts P, R, S in Parallel. University of Aberdeen.
- Williams Ab Ithel, J, ed. (1860). Brut y Tywysogion; or, The Chronicle of the Princes. Rerum Britannicarum Medii Ævi Scriptores. London: Longman, Green, Longman, and Roberts. Consultado vía Internet Archive.
- "Chronicon Scotorum". Corpus of Electronic Texts (24 March 2010 ed.). University College Cork. 2010. Consultado o 26 November 2014.
- "Fragmentary Annals of Ireland". Corpus of Electronic Texts (5 September 2008 ed.). University College Cork. 2008. Consultado o 29 November 2014.
- Ashley, Mike (7 June 2012). The Mammoth Book of British Kings and Queens. Little, Brown Book Group. ISBN 978-1-4721-0113-6.
- Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin Academic Press. ISBN 978-1-903765-89-0.
- Forte, Angelo; Oram, Richard D.; Pedersen, Frederik (5 May 2005). Viking Empires. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-82992-2.
- Hart, Cyril (2004). "Sihtric Cáech (d. 927)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/25543. Consultado o 6 January 2015. Subscription or UK public library membership Arquivado 29 de abril de 2013 en Wayback Machine. required.
- Moyes, Holley (1 September 2012). Sacred Darkness: A Global Perspective on the Ritual use of Caves. University Press of Colorado. ISBN 978-1-4571-1750-3.
- Muir, Tom (2005). Orkney in the Sagas. Kirkwall: Orcadian. ISBN 978-0-9548-8623-3.
- Ó Corrain, Donnchadh (1979). "High-Kings, Vikings and Other Kings". Irish Historical Studies 22: 283–323.
- Ó Corrain, Donnchadh (1998). "The Vikings in Scotland and Ireland in the Ninth Century" (PDF). Peritia 12: 296–339.
- Radner, Joan. "Writing history: Early Irish historiography and the significance of form" (PDF). Celtica 23: 312–325. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de novembro de 2017. Consultado o 18 de maio de 2018.
- Sawyer, Peter (January 2001). The Oxford Illustrated History of the Vikings. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-285434-6.
- Smyth, Alfred P. (1975). Scandinavian York and Dublin: the history and archaeology of two related Viking kingdoms. Templekieran Press.
- Woolf, Alex (2007). From Pictland to Alba: 789 – 1070. Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-1234-5.