Girardot
Girardot é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia do Alto Magdalena, da cal é capital. Limita polo norte cos concellos de Nariño e Tocaima, polo sur co concello de Flandes e o río Magdalena, polo oeste co municipio de Nariño, o río Magdalena e o municipio de Coello e polo leste co concello de Ricaurte e o río Bogotá. Está situado a 134 km ó suroeste de Bogotá. A temperatura media anual é de 27.8 °C.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamento | Cundinamarca | ||||
Provincia | Alto Magdalena (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 129.834 (2005) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 127 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Magdalena ![]() | ||||
Altitude | 326 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1852 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 252430–252439 ![]() | ||||
Sitio web | girardot-cundinamarca.gov.co… ![]() |
Girardot é unha das cidades máis importantes de Cundinamarca pola súa poboación, centros de educación superior, economía e extensión urbana. Tamén é unha das cidades con máis afluencia de turistas e poboación flotante do país. Girardot conforma unha conurbación xunto cos conellos de Flandes e Ricaurte, que suman unha poboación de 144.248 habitantes.
Historia
editarNa época precolombiana, o territorio de Girardot estivo habitado polos indíxenas panches.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Girardot |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)