Giovanni Battista Sammartini
compositor italiano
Giovanni Battista Sammartini, nado en Milán cara a 1700 ou 1701 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1775, foi un organista e compositor italiano.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1700 ![]() Milán, Italia ![]() |
Morte | 15 de xaneiro de 1775 ![]() Milán, Italia ![]() |
Mestre de capela | |
1728 – ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | compositor, musicólogo, profesor de música, director de orquestra, organista, mestre de capela ![]() |
Período de actividade | 1732 ![]() |
Xénero artístico | Ópera, sinfonía, sonata e música relixiosa ![]() |
Movemento | Música barroca ![]() |
Alumnos | Christoph Gluck ![]() |
Instrumento | Órgano e violín ![]() |
Familia | |
Pai | Alexis Saint-Martin ![]() |
Irmáns | Giuseppe Sammartini ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Obálky knih, ![]() Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.156) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo dun oboísta francés trasladado a Milán. O seu irmán Giuseppe Sammartini era oboísta e tamén compositor.
Organista na Sant'Ambrogio de Milán e noutras igrexas, xogou un papel de primeiro plano na vida musical milanesa. Tivo como discípulo a Christoph Willibald Gluck e influíu en Mozart.
Compuxo música sacra, teatral e unha boa cantidade de música instrumental: sonatas, tríos, cuartetos, quintetos, concertos e sobre todo sinfonías, nas que anticiparía a forma que se desenvolvería no período clásico. Destas últimas foron rexistradas máis de setenta.
Obras
editar- Óperas: Memet, drama en tres actos
- Sonatas: para órgano, para violoncello, para violín, para frauta, sonatas para trío (por exemplo frauta, violín e baixo continuo)
- Concertos: para violoncello e piccolo, para violín, para frauta
- Sinfonías: unhas 70.