Giacinto Facchetti
Giacinto Facchetti, nado o 18 de xullo de 1942 en Treviglio e finado o 4 de setembro de 2006 en Milán, foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de defensa. Foi campión da Eurocopa de Fútbol de Italia 1968.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1942 ![]() Treviglio, Italia (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 4 de setembro de 2006 ![]() Milán, Italia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro cancro de páncreas ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 85 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, funcionario deportivo, xerente ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1961 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1974 | Mundial de Fútbol Alemaña 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1970 | Mundial de Fútbol México 1970 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1968 | Eurocopa de Fútbol Italia 1968 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1966 | Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | giacintofacchetti.org ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou a xogar no equipo da súa cidade natal, o CS Trevigliese. No ano 1960 fichou polo Inter de Milán da man do técnico arxentino Helenio Herrera, no que desenvolvería o resto da súa carreira futbolística e converténdose nun dos mellores laterais da súa época. Entre os títulos conseguidos co equipo de Milán destacan as dúas Copas de Europa consecutivas (1964 e 1965). Na súa honra o equipo retirou o dorsal número 3.
Coa selección
editarDebutou coa Selección de fútbol de Italia no ano 1963, disputando un total de 94 encontros e sendo capitán en 70 deles. Na súa traxectoria disputou os Mundiais de fútbol de Inglaterra 1966, México 1970 e Alemaña Federal 1974. Tamén formou parte da selección que se proclamou campioa da Eurocopa de Fútbol Italia 1968.
Trala súa retirada en 1978 exerceu diversos cargos no Inter, dende director técnico ata vicepresidente, finalmente foi escollido presidente do club no ano 2004.
Palmarés
editarTítulos nacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Serie A | Inter de Milan | Italia | 1962/63 |
Serie A | Inter de Milan | Italia | 1964/65 |
Serie A | Inter de Milan | Italia | 1965/66 |
Serie A | Inter de Milan | Italia | 1970/71 |
Copa de Italia | Inter de Milan | Italia | 1977/78 |
Títulos internacionais
editarCoa selección de fútbol
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Eurocopa de Fútbol | Selección de fútbol de Italia | Italia | 1968 |
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Giacinto Facchetti |
A Galicitas posúe citas sobre: Giacinto Facchetti |
Ligazóns externas
editar- Estatísticas do xogador ca selección de fútbol (en inglés)
- Artigo biográfico Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Biografía (en castelán)
- EstatísticasArquivado 18 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en italiano)