Germán Vargas Lleras
Germán Vargas Lleras, nado en Bogotá o 19 de febreiro de 1962, é un político e avogado colombiano.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1962 ![]() Bogotá, Colombia ![]() |
Vicepresidente de Colombia | |
7 de agosto de 2014 – 21 de marzo de 2017 ← Angelino Garzón (en) ![]() | |
Minister of Housing, City and Territory (en) ![]() | |
17 de maio de 2012 – 22 de maio de 2013 | |
Minister of the Interior of Colombia (en) ![]() | |
11 de agosto de 2011 – 17 de maio de 2012 | |
Minister of the Interior of Colombia (en) ![]() | |
7 de agosto de 2010 – 11 de agosto de 2011 | |
President of the Senate of Colombia (en) ![]() | |
2003 – 2004 | |
Minister of the Interior of Colombia (en) ![]() | |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do Rosario Georgetown Preparatory School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Partido político | Cambio Radical (Colombia) (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | Germán Vargas Espinosa ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarGraduado da Universidade do Rosario. Foi Senador da República de Colombia, cargo que ocupou por elección popular dende 1994 até 2008, chegando a obter a votación máis alta do país nas eleccións lexislativas de 2006. Foi ademais presidente do Senado da República, xefe do Partido Cambio Radical, candidato á Presidencia da República en 2010, Ministro do Interior e de Xustiza e Ministro de Vivenda, Cidade e Territorio, cargo do cal se retirou o 22 de maio de 2013.
En xaneiro de 2014, o presidente Juan Manuel Santos escolleu a Vargas Lleras como o seu candidato vicepresidencial para as eleccións presidenciais de 2014, nas cales a súa fórmula resultou gañadora. Ocupou o cargo de Vicepresidente de Colombia dende o 7 de agosto do 2014 até o 21 de marzo de 2017, cando o Senado aceptou a súa renuncia. Vargas Lleras renunciou á Vicepresidencia para ser elixible ás Eleccións Presidenciais de 2018.[1]
Notas
editar- ↑ uk.news (ed.). "Colombia's Santos names ex-police chief Naranjo as VP choice". Consultado o 19 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Germán Vargas Lleras |