Germán Novoa

futbolista galego

Germán Novoa Enríquez, nado en Morgade (Xinzo de Limia) o 6 de agosto de 1996, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Arenteiro, da Primeira División RFEF.

Modelo:BiografíaGermán Novoa
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Morgade, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,79 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–2017   UD Barbadás 61(0)
2017–2020   Ourense Club de Fútbol 98(3)
2020–   Club Deportivo Arenteiro 120(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2024–   Galicia 1(0)

Traxectoria

editar

Nado na parroquia de Morgade, en Xinzo de Limia, formouse como futbolista na canteira do Pabellón Ourense, antes de incorporarse en 2015 ao Barbadás.[1] Disputou tres partidos co filial e a continuación pasou ao primeiro equipo, no que militou durante as tempadas 2015/16 e 2016/17 na Terceira División. Entre 2017 e 2020 xogou no Ourense CF, da mesma categoría, fichando en 2020 polo Arenteiro.[2]

No Carballiño converteuse nun dos piares defensivos no triunfante ciclo que levou ao conxunto verde a conquistar dous ascensos en tres tempadas, dende a Terceira ata a Primeira RFEF.[1][3]

Selección galega

editar

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[4]

Palmarés

editar
Arenteiro
  1. 1,0 1,1 "Germán Novoa, defensa del Arenteiro: “Firmaríamos acabar así”". La Región. 7 de novembro de 2023. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  2. "O C.D. Arenteiro anuncia novas fichaxes: Germán Novoa e Alex Fernández". 13 de agosto de 2020. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  3. Garrote, Pepe (4 de abril de 2023). "Germán Novoa da el sí al Arenteiro" (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024. 
  4. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar