George Steiner
Francis George Steiner, nado en Neuilly-sur-Seine o 23 de abril de 1929 e finado en Cambridge o 3 de febreiro de 2020, foi un crítico e teórico da literatura e da cultura, e escritor. Trátase dun dos intelectuais de influencia internacional máis relevantes desde mediados do século XX.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/ae/George_Steiner_2013_%28cropped%29.jpg/220px-George_Steiner_2013_%28cropped%29.jpg)
Traxectoria
editarO seu ámbito de interese principal é a literatura comparada. A súa obra como crítico tende á exploración, con recoñecida brillantez, de temas culturais e filosóficos de interese permanente, contrastando coas correntes máis actuais polas que transitou boa parte da crítica literaria contemporánea. A súa obra ensaística exerceu unha importante influencia no discurso intelectual público dos últimos cincuenta anos.
Contribúe habitualmente cos seus artigos para revistas e xornais, entre os que se inclúen The New Yorker, The Times Literary Supplement e The Guardian.
Publicou, ademais, varias novelas e libros de poesía.
Declaracións polémicas sobre a lingua galega
editarEn agosto de 2008, nunha entrevista no xornal El País,[1] fixo as seguintes declaracións sobre a lingua galega, sobre as cales posteriormente pediu perdón:[2]
(Steiner): me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego.
(entrevistador): Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano.
(Steiner): ¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?
Este comentario subscitou certa polémica no eido cultural galego.[3]
Obras
editarNarrativa
editar- Anno Domini, 1964.
Ensaio
editar- Tolstoy or Dostoevsky, 1958.
- The Death of Tragedy, 1960.
- After Babel, 1975.
- Antigones, 1984.
- Passion Spent: Essays 1978-96, 1996.
- Errata: an Examined Life, 1997.
- Grammars of Creation, 2001.
Notas
editar- ↑ Juan Cruz (24 de agosto de 2008). ""Yo intento fracasar mejor"". El País (en castelán).
- ↑ "Steiner pídelle "desculpas" ao Pen Clube a través dun xornalista de El País". Vieiros. 19 de setembro de 2008.
- ↑ "A AELG achaca as declaracións de Steiner ao seu "descoñecemento temerario" da nosa cultura". Vieiros. 27 de agosto de 2008.