George Hill (baloncestista)
- Para outros artigos de persoas chamadas George Hill, véxase a páxina de homónimos George Hill
George Jesse Hill, Jr., nado o 4 de maio de 1986 en Indianápolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional.
![]() (2010) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1986 ![]() Indianapolis, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Broad Ripple High School (en) ![]() Indiana University – Purdue University Indianapolis (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | San Antonio Spurs ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
NBA
editar2008-09
editarHill foi escollido na 26ª posición do Draft da NBA de 2008. Fixo o seu debut o 4 de novembro de 2008 contra os Dallas Mavericks, no terceiro partido da tempada regular. Xogou 15 minutos, onde anotou 11 puntos, con 1 roubo de balón e 1 asistencia.[1] Rematou a súa tempada coma rookie con 5.7 puntos, 2.1 rebotes e 1.8 asistencias por partido.
2009-10
editarHill mellorou o seu rendemento na súa segunda tempada na liga. O seu número de minutos incrementou de 16.5 a 29 minutos de xogo por partido, xogando 43 de titular, a maioría debidos á lesión de Tony Parker. O 1 de abril de 2010, Hill conseguiu 30 puntos, a mellor marca da súa carreira en anotación, xunto con 5 roubos e 7 asistencias na vitoria sobre os Houston Rockets.[2] Rematou a tempada empatado con Kevin Durant e Marc Gasol na segunda praza do xogador máis mellorado da NBA. Os tres conseguiron 101 puntos.[3]
Nos playoffs de 2010, Hill xogou unha gran serie contra os Dallas Mavericks na primeira rolda. Comezou mal no primeiro partido, con 0 puntos en 17 minutos de xogo, tras volver dunha lesión de nocello. Mellorou nos seguintes partidos, con 7 e 17 puntos no segundo e terceiro partido respectivamente. No 4º partido, Hill liderou aos Spurs á vitoria, nunha noite moi frouxa de Parker, Ginóbili e Duncan, que anotaron 9 de 34 tiros entre os tres. Hill anotou 29 puntos, a súa mellor marca en playoffs, con 11 de 16 tiros de campo, e 5 de 6 triplas.[4] Hill acadou 22.3 puntos nas series, axudando aos Spurs a gañar a serie en seis partidos.
2010-11
editarO 28 de marzo de 2011, Hill igualou a súa mellor marca de anotación, 30 puntos, na vitoria por 114-119 na casa dos Houston Rockets.
2011-12
editarO 24 de xuño de 2011, na noite do Draft da NBA de 2011, Hill foi traspasado aos Indiana Pacers, a cambio da 15ª elección (Kawhi Leonard), a 42ª elección (Davis Bertans) e a 45ª elección do Draft de 2005, Erazem Lorbek.
Notas
editar- ↑ NBA Mavericks at Spurs Boxscore Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine., NBA.com, 4 de novembro de 2008.
- ↑ McDonald, Jeff "Hill leads Spurs past Rockets" MySA.com, 1 de abril de 2010.
- ↑ Duncan, Chris "Rockets G Brooks NBA's most improved player" Arquivado 26 de abril de 2010 en Wayback Machine. Yahoo! Sports, 22 de abril de 2010
- ↑ "Spurs vs. Mavs, Game 4 boxscore" Arquivado 09 de febreiro de 2013 en Archive.is Yahoo! Sports
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com (en inglés)
- Perfil en NBA Draft (en inglés)
- Perfil en DraftExpress.com Arquivado 30 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)