Gentoo Linux
Gentoo Linux é unha distribución de GNU/Linux orientada a usuarios con certa experiencia neste sistema operativo.
Gentoo Linux | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Desenvolvedor | Gentoo Project |
Familia de S.O. | GNU/Linux |
Modelo de desenvolvemento | Software Libre |
Núcleo | Linux |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | GPL |
Última versión estable | 2007.0 7 de maio de 2007 |
Estado actual | En desenvolvemento |
Sitio web | www.gentoo.org |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Portage-oppdatering.png/250px-Portage-oppdatering.png)
O nome Gentoo provén do nome en inglés do pingüín papúa. Nótese que a mascota de Linux é un pingüín.
Características
editarPortage
editarA pedra angular de Gentoo é Portage, un sistema de distribución de software baseado en Ports de BSD. Portage consiste nunha árbore local, que contén as descricións dos paquetes de software, así como os scripts necesarios para instalalos.
Binarios
editarUnha vantaxe de Gentoo é que as versións de software actualízanse de forma continua, a diferenza doutras distribucións onde os paquetes pasan meses en comprobación. Iso permite ter un sistema coas últimas versións de todo o software. Pola contra, aínda que é algo pouco habitual, ás veces o uso de versións do software insuficientemente comprobadas dá como resultado bugs que poden supor un risco para servidores de produción.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Gentoo Linux |