Gay-friendly
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
A expresión inglesa gay-friendly (traducida ó galego como simpatizante LGTB[Cómpre referencia]) fai referencia a lugares, políticas, persoas ou institucións que buscan activamente crear unha contorna amigable cara á xente GLBT. Este é un concepto moi estendido nos últimos anos do século XX nos Estados Unidos e actualmente está estendido o seu uso en moitos países.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/2/29/Old_Puerto_Vallarta.jpg/220px-Old_Puerto_Vallarta.jpg)
Lugares gay-friendly
editarAlgúns lugares son historicamente considerados gay-friendly: cidades como Ámsterdan ou San Francisco, barrios como o Soho en Londres, o Village neoiorquino, illas gregas como Mykonos ou Lesbos, Eivisa, Sitges ou máis recentemente os barrios de Chueca en Madrid ou o Gayxample en Barcelona.
A maioría das cidades contan con locais de lecer ou tendas consideradas gay-friendly. Ás veces, un xeito empregado por estes lugares para seren recoñecidos como tal é mostrando un adhesivo coa bandeira multicolor nun lugar visible.
Personaxes gay-friendly
editarAlgúns dos personaxes gay-friendly máis célebres a nivel mundial, convertéronse en grandes iconas gays. A maioría son mulleres e distinguíronse por apoiar as reivindicacións dos colectivos LGTB nos momentos máis difíciles, como Madonna, Cher, Barbra Streisand, Kylie Minogue, Anne Rice, ou Liz Taylor.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gay-friendly |