Gavin Rossdale
Gavin McGregor Rossdale, nado en Kilburn (Londres) o 30 de outubro de 1965[1], foi o vocalista e guitarrista do xa desintegrado grupo británico Bush. Posteriormente tamén foi vocalista de guitarrista da agrupación Institute, e na actualidade fai carreira en solitario.
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1965 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Residencia | Os Ánxeles ![]() |
Educación | Westminster School ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Os Ánxeles ![]() |
Ocupación | cantante, actor, actor de cinema, cantautor, guitarrista, músico ![]() |
Período de actividade | 1983 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock e Grunge ![]() |
Tesitura | Barítono ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Interscope Records ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Gwen Stefani (2002–2015), divorcio ![]() |
Parella | Sophia Thomalla (2017–2018) ![]() |
Fillos | Daisy Lowe ( ![]() Kingston Rossdale ( ![]() Zuma Rossdale ( ![]() Apollo Rossdale ( ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | gavinrossdale.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Biografía
editarOs seus pais Lucy Stephan (n. Escocia) e Douglas Rossdale (médico de ascendencia xudía), divorciáronse cando el tiña once anos, sendo criado polo seu pai e a súa tía (a súa nai volveu casar e mudouse a Florida). Ten unha irmá máis nova, Soraya, e unha maior, Lorraine.
Rossdale modelou por curto tempo coa súa amiga e posiblemente ex-amante Marilyn. Gavin aprendeu a tocar a guitarra co mozo de Lorraine, que estaba nunha banda chamada The Nobodyz. Con 17 anos deixou a escola de Westminster e formou unha banda chamada Midnight (anteriormente Little Dukes), coa que produciu un par de sinxelos e bastante publicidade. En 1991 Gavin trasladouse aos Ánxeles por 6 meses, vivindo onde puido e con varios traballos de media xornada, incluíndo o de axudante de produción en vídeos. Pasou algún tempo na cidade de Nova York co seu bo amigo Bill MacAdam, regresando a Inglaterra inspirado para iniciar unha nova banda. Fixo unión co seu futuro representante Scottie Mac, ó que coñecera nos Ánxeles. En 1992 formou Future Primitive, que incluía na formación orixinal (baixo o nome de The Diceheads) ó guionista Sacha Gervasi. A banda mudou de nome por Bush no verán de 1994, editando o promo da súa primeira produción Sixteen Stone.
Actualmente esta casado coa cantante Gwen Stefani, coa que ten un fillo, Kingston.
Bush
editarGavin foi o vocalista e compositor da banda británica Bush. O seu primeiro álbum, Sixteen Stone (1994), foi un éxito comercial enorme. Case da noite á mañá Bush pasou de tocar en lugares pequenos de Londres a encher centros de espectáculos nos Estados Unidos, resultado de extensas xiras continuas. Porén, algúns críticos etiquetáronnos como un derivado inferior de bandas como Nirvana ou Pixies, crítica que continuaría a través da súa carreira como banda. Particularmente, a voz de Rossdale e os seus monólogos interiores, foron estimados por algúns como imitación do vocalista de Nirvana, Kurt Cobain.
Aínda que a banda acadou o superestrelato nos Estados Unidos, non puido ter moito impacto nos charts ingleses do Brit-Pop, sendo a única excepción o seu sinxelo “Swallowed”, que acadou o posto 7º. Un cambio de discográficas, a administración e un hiato estendido, non foron bo presaxio para a banda, que extraoficialmente se desintegrou no 2002.
Despois de Bush
editarNo 2004, despois de que Bush estivera sen actividade durante dous anos, Rossdale formou Institute. O seu primeiro álbum, Distort Yourself, obtivo un éxito moderado. Lanzado o 13 de setembro de 2005, tivo como único sinxelo a canción “Bullet-proof skin”, que foi utilizada no filme A ameaza invisible.
Rossdale apareceu na banda sonora da película XXX no 2002, cunha canción chamada “Adrenaline.” A canción foi tamén o tema oficial do evento por paga Unforgiven en setembro de 2002.
No 2005 Rossdale apareceu no filme Constantine, onde tivo o papel do malvado Balthazar. Rossdale tamén apareceu nos filmes Zoolander (2001), The Mayor of Sunset Strip (2003), Little Black Book (2004) e The Miracle Match (2005).
Notas
editar- ↑ arquivo de alumnos de Westminster Arquivado 13 de maio de 2007 en Wayback Machine. - se ben a biografía de fans Arquivado 12 de outubro de 2007 en Wayback Machine. afirma que o seu ano de nacemento é 1967
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina persoal Arquivado 20 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.