Gaspar Homar
Gaspar Homar i Mezquida, nado en Bunyola (Mallorca) o 11 de setembro de 1870, e finado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1953, foi un deseñador de mobles, ensemblier,[1] e anticuario balear, considerado un dos representantes máis xenuínos do movemento modernista catalán no eido da decoración e da creación de mobles.
![]() (1904) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1870 ![]() Bunyola, España ![]() |
Morte | 5 de xaneiro de 1953 ![]() Barcelona, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ebanista ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/e3/Gaspar_Homar-logo_0075.jpg/250px-Gaspar_Homar-logo_0075.jpg)
Os seus mobles, que poden ser considerados de autor, reflicten o benestar e as aspiracións da puxante burguesía e distínguense polo emprego de madeiras nobres e custo elevado e polos traballos en marquetería e talla, onde contou coa colaboración de destacados artistas como Josep Pey, Sebastià Junyent ou Joan Carreras i Farré[2]. Cunha forte personalidade, a obra de Gaspar Homar está relacionada coa dos mellores artistas da época, como Eugène Gaillard, Hector Guimard ou William Morris[3] e reinterpreta dende unha ollada moi particular, a influencia da Secesión de Viena e da Escola de Glasgow.[4] Participou e obtivo medalla nas exposicións de Londres, Madrid e Barcelona (1907), na hispano-francesa de Zaragoza (1908) e na Internacional do Comfort Moderno de París (1909), e foi membro do xurado da Exposición Internacional de Venecia (1908).[5]
Notas
editar- ↑ Concepto que xorde contra o 1920 para definir a figura do artista que crea conxuntos decorativos (ensembles décoratifs). Gaspar Homar, tal com explica Cirici Pellicer 1951 proxectaba non só os mobles, senón o decorado de muros e tellados de vidrieiras, as cortinaxes, as luces e as chemineas.
- ↑ AAVV 1998, p. 19.
- ↑ Mainar i Pons 1976, p. 345.
- ↑ Fondevila 1998, p. 25.
- ↑ García-Martín 1988, p. 67.