Galicola
refresco de cola feito e distribuído en Galiza
Galicola foi o nome dun refresco de cola feito e distribuído en Galiza pola Asociación Cultural Fontaira dende novembro de 2009, e que destina o 5% das vendas para a promoción e normalización da lingua galega. Por outra banda, segundo os impulsores da iniciativa, tamén se busca:
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/dc/Galicola.png/220px-Galicola.png)
facer unha oposición consciente á globalización e ao imperialismo.
Destacar que a asociación organiza un premio, o premio Angelo Casal, dotado co devantido 5% das vendas e que en 2010 foi concedido á agrupación Mocidade pola Língua para sufragar a súa iniciactiva a prol do galego[1].
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web da Galicola
- Galicola, la chispa de la lengua, reportaxe en El País o 30 de outubro de 2009.