Galicia Textil
Galicia Textil SA é unha empresa galega con sede en Xuvia, Neda (A Coruña) actualmente propiedade da empresa Textil Santanderina SA.
Galicia Textil | |
---|---|
Acceso a Galicia Textil. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1791 e 1798 1873 como fábrica de moeda e cobrería Fábrica téxtil dende o 10 de marzo de 1878 |
Matriz | Textil Santanderina SA |
Localización | Avda. Xuvia, 1 15510 Neda, (A Coruña) Galiza |
Fundador | Francisco de Barcón y Quevedo |
Industria | Téxtil |
Produtos | Tecidos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editar- Artigo principal: Real Casa da Moeda de Xuvia.
Despois do peche das instalacións como fábrica de moeda, o 9 de novembro de 1876 Francisco de Barcón y Quevedo compra ao Estado a Real Fábrica de Moeda e Cobrería de Xuvia xunto con todo o predio. Creando alí unha fábrica de fiados e tecidos, baixo o nome de Barcón & Cía. a empresa foi inaugurada o 10 de marzo de 1878. O 19 de febreiro de 1928 Barcón vende a fábrica a Dionisio Tejero Pérez coa que funda a firma Galicia Industrial. O 1 de xaneiro de 1956, Galicia Industrial troca de nome ao ser absorbida pola firma Dionisio Tejero, S.A. O 1 de marzo de 1982 un grupo téxtil formado por: Textil Santanderina S.A., Vic Industrial S.A. e Gerona Textil S.A. compran a fábrica creando a actual Galicia Textil S.A.
A empresa explota unha central eléctrica no río Xuvia de 200 kW.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web da Empresa (en varias linguas)
Bibliografía
editar- Esperanza Casado Aguado. La venta en subasta de las Casas de Moneda de Madrid, Sevilla, Segovia y Jubia (1866-1883) Marzo, 2001