Galicia Ilustrada (A Habana)
revista galega editada na Habana (1891)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Ilustrada.
Galicia Ilustrada foi unha revista galega editada na Habana en 1891.
Galicia Ilustrada | |
---|---|
![]() | |
País | Cuba |
Lugar | A Habana |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1891 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Revista científica, literaria, artística y humorística, apareceu o 19 de setembro de 1891. De periodicidade quincenal, estaba dirixida por José Romero Hiáñez de Freire, Julio de la Cuesta era o redactor xefe e Miguel A. Matamoros e Marcelino Vidales foron os administradores. Incluíu artigos sobre actualidade e cuestións literarias e filosóficas, ademais de citas e poemas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Galicia Ilustrada". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 299. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 228. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Xornais e revistas de Cuba enciclopediadaemigraciongalega.com