Galicia Diario
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Galicia Diario é un xornal dixital galego en lingua castelá, con contidos tamén en galego, nacido en xullo de 2006. Pertence ao mesmo grupo de comunicación que Radio Líder.
Galicia Diario | |
---|---|
Na rede | |
https://galiciadiario.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO xornal nacido en xullo de 2006 e a radio -Radio Líder- inscríbense dentro da empresa Cadena Noroeste Medios de Comunicación S.A., cuxa sede de atopa na rúa Torreiros na Coruña. O obxectivo desta empresa é a xestión e explotación de emisoras de radiocomunicación, do mesmo xeito que a promoción, captación e xestión de publicidade para calquera tipo de medio audiovisual.
O xornal fundouse polo seu actual presidente Manuel Casal no ano 2006. Conta no seu equipo con Susana Evangelista Pallas coma directora do xornal, Juan Madera coma conselleiro delegado, Mónica Vázquez coma secretaria de redacción e, para rematar, coma xefa de redacción Mónica Lozano. A información que contén vai dirixida especialmente aos habitantes do territorio galego. Atópase dividido en seccións clásicas coma Galicia, política, comunicación, deportes e cultura, coa particularidade exclusiva de incluír entre a súa oferta unha sección especial adicada á investigación da rumoroloxía.
Segundo a clasificación de medios da clasificación Alexa conta con máis de 200.000 lectores,[cando?] e sitúase no posto número trece do ránking de medios electrónicos galegos.[Cómpre referencia]
Colaboradores
editar- José Luis Gómez - A vueltas con España
- Francisco Muro de Iscar - Tribuna
- Fernando Jáuregui - No te va a gustar
- Carmen Tomás - Tribuna
- Fermín Bocos - Tribuna
- Antonio Casado - Tribuna
- Andrés Aberasturi- tribuna
- Rafael Torres – Al margen
- Luis del Val – Tribuna
- Rosa Villacastín- El abanico
- Julia Navarro- escaño cero
- Luís del Val- Tribuna