Galegos en Francia
Os galegos en Francia son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Francia. No ano 2016, eran arredor de 18 000 habitantes.[1] A inmigración galega en Francia formou unha das maiores comunidades de galegos en Europa, sendo a segunda maior diáspora galega nun país europeo, só por detrás de Suíza.[2][3] Francia ocupa o oitavo lugar do mundo con máis presenza galega, por diante doutros países europeos como Alemaña ou o Reino Unido.
Historia
editarHistoricamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[4] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido.
Censo electoral de galegos residentes en Francia por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [5] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 4.258 |
Provincia de Lugo | 2.317 |
Provincia de Ourense | 5.219 |
Provincia de Pontevedra | 5.536 |
Total de galegos en Francia | 17.330 |
Notas
editar- ↑ Míguez, Marcos (15 de marzo de 2017). "Unos 8.000 gallegos emigraron en el 2016". Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ emigracion.xunta.gal, ed. (21 de abril de 2020). "Miranda percorre a realidade das e dos galegos de Suíza e Francia, os dous países europeos con maior presenza galega, xunto a Liechtenstein nesta pandemia a través de videoconferencia". Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ "La realidad de los gallegos de Suiza y Francia, los dos países europeos con mayor presencia gallega bajo la mirada de Miranda". laregioninternacional.com. 21 de abril de 2020. Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ Escalhao, Cecilia L. "Biblioteca Galega de Bos Aires" (PDF) (en castelán). bn.gov.ar. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alonso Antolín, María Cruz (1983). La emigración gallega asistida a la República Federal de Alemania, Francia y Suiza (en castelán). Ministerio de Trabajo y Seguridad Social. ISBN 84-500-9332-5.
- Duroux, Rose (2002). "La emigración a Francia (segunda mitad del siglo XX). Unas reflexiones sobre retornos y reintegraciones". Hispania (en castelán) (CSIC) 211: 577–596. ISSN 1988-8368.
- Olveira Olveira, Esther (2000). "A emigración española a Francia". O interculturalismo na nova Europa Arquivado 28 de outubro de 2023 en Wayback Machine.. Xunta de Galicia. pp. 105–160. ISBN 84-453-2881-6.
- Xunta de Galicia (1994). "Informe. Colonia Gallega de residentes en países europeos. Evolución, repercusiones positivas de la Europa unida para los gallegos residentes en el exterior" (en castelán). Santiago de Compostela: Secretaria Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas: 4.
Outros artigos
editar