Galego oriental
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Agrúpanse no galego oriental as falas do galego situadas xeograficamente máis ao leste e que teñen como características os seguintes fenómenos lingüísticos:
- Falas moi conservadoras, mantendo algunhas características medievais hai tempo desaparecidas no resto de Galiza (voseo de acusativo, vogais nasais nos Ancares).
- Sistema tónico con oito vogais, as sete do galego común máis un [a] palatal.
- Plurais de palabras terminadas en -an -en -on > -ais -eis -ois: pantalón-pantalois.
- Conservación dos ditongos latinos qua e gua: cuatro, guardar.
Extensión
editarO galego oriental é falado en:
- A parte máis oriental da provincia de Lugo, incluíndo A Fonsagrada e Navia de Suarna no norte e até os lindes da comarca de Quiroga con Valdeorras, por onde continúa.
- A comarca asturiana da Terra Eo-Navia.
- Parte oriental de Ourense (comarca de Valdeorras, comarca de Viana, A Gudiña e A Mezquita).
- A zona occidental do Bierzo, incluídos os Ancares.
- Concellos galegofalantes das Portelas na comarca da Seabra na provincia de Zamora.
División
editarDivídese en cinco áreas que, á súa vez, divídinse en subáreas:
- Asturiana (Eonaviego): comprende a maior parte da Terra Eo-Navia galegofalante e unha pequena parte de Galicia. Divídese en dúas subáreas:
- A Veiga-Os Oscos-Ibias
- Salave-Coaña-Boal
- Ancaresa: comprende unha pequena parte do norte da comarca do Bierzo.
- Zamorana: comprende a zona das Portelas e unha estreita franxa galega coa que limita. Divídese en dúas subáreas:
- O Porto
- A Mezquita-Lubián (comprende as microáreas de A Mezquita e Lubián-Hermisede)
- Oriental-central: comprende unha larga franxa galega oriental, a maioría da comarca do Bierzo galegofalante e unha pequena parte da Terra Eo-Navia. Divídese en dúas subáreas:
- A Fonsagrada-O Courel-O Bierzo (comprende as microáreas de A Fonsagrada-Cervantes, O Courel e O Bierzo)
- Valdeorras-Viana (comprende as microáreas de Valdeorras e O Bolo-Viana)
- Cacereña (Fala de Estremadura): fálase no Val do río Ellas, en Cáceres.
Véxase tamén
editarFálame sempre, capítulo un | |
Fálame sempre, capítulo dous | |
Fálame sempre, capítulo tres |