Gabriela García
Gabriela Antonia García Segura, coñecida como Gaby, nada en Tunapuy, Estado Sucre, Venezuela, o 2 de abril de 1997, é unha futbolista venezolana, que xoga de dianteira e centrocampista. Milita dende 2017 no Deportivo da Coruña, sendo a xogadora con máis partidos disputados na historia do equipo. É internacional coa selección de Venezuela.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1997 ![]() Tunapuy, Venezuela ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,79 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteira ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarPracticou varios deportes, destacando no balonmán, e aos 15 anos pasou ao fútbol, comezando nun equipo de rapaces.[1] Pasou logo polo Centro Árabe de Carúpano e en 2013 chegou ao Estudiantes de Guárico, onde militou catro anos.[2]
En 2017 cruzou o Atlántico xunto a Kika para asinaren as dúas co Deportivo da Coruña, que xogaba na Segunda división española.[3] Alí formou unha gran dupla goleadora con Peke e na tempada 2018/19 o equipo ascendeu á Primeira división.[4][5] Na máxima categoría o adestrador Manu Sánchez atrasou a súa posición ata a mediapunta.[6]
En febreiro de 2021 converteuse na primeira futbolista da historia do Deportivo en acadar os 100 partidos.[7]
Selección venezolana
editarFoi internacional coa selección venezolanas sub-17, coa que se proclamou campioa suramericana en 2013, e coa que disputou a Copa do Mundo de 2014 en Costa Rica, chegando a semifinais. Coa selección sub-20 foi subcampioa suramericana en 2015 e ao ano seguinte participou na Copa do Mundo en Papúa-Nova Guinea.[8]
Debutou coa selección venezolana absoluta o 10 de xuño de 2017 nun amigable contra a selección mexicana.[9]
Notas
editar- ↑ Zaballa, Pablo (18 de setembro de 2019). "Gaby, la pieza clave del Depor Abanca para una liga mucho más física". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "Conoce a Gabriela García" (en castelán). 20 de marzo de 2014. Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "As venezolanas Kika Moreno e Gabriela García asinan co Dépor Abanca". Deportivo da Coruña. 1 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "Peke y Gaby: las dos de siempre, tan distintas, suman 63 goles con el Dépor femenino". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 2019. Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "El Deportivo Abanca a la Liga Iberdrola" (en castelán). 30 de xuño de 2019. Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "Peke y Gaby, la pareja de moda" (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ Pereira, Eder (8 de febreiro de 2021). "Gaby, la primera centenaria". Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "Gaby". Deportivo da Coruña. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2021. Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "Gaby debuta con la absoluta de Venezuela" (en castelán). 11 de xuño de 2017. Consultado o 12 de maio de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos da xogadora en Soccerway (en castelán).
- Datos da xogadora Arquivado 12 de maio de 2021 en Wayback Machine. na web do Deportivo da Coruña.