Gabriel Bordoy

futbolista español

Gabriel Bordoy Llompart, nado en Palma o 20 de xaneiro de 1947, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Modelo:BiografíaGabriel Bordoy
Nome orixinalGabriel Bordoy Llompart
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Traxectoria

editar

Tras xogar varias tempadas no Atlético Baleares, chegou en xullo de 1969 ao Deportivo da Coruña, da Primeira División, acompañado doutros tres futbolistas do club balear: Juan Tauler, Miguel Parma e Tomás Barrios.[1] Os seus tres compañeiros foron para o Fabril mentres que Bordoy quedou no primeiro equipo.

Xogou cinco tempadas no Deportivo, vivindo tres descensos e un ascenso. Despois da tempada 1973/74, na que o equipo acabou baixando ata a Terceira División, Bordoy foi cedido ao Atlético Baleares e ano seguinte traspasado.[2][3] Xogou no equipo balear ata 1978.

  1. "Cuatro jugadores del At. Baleares, fichados por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 1969. p. 6. 
  2. "Bordoy jugará con el At. Baleares cedido por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1974. p. 37. 
  3. "Bordoy, traspasado al At. Baleares". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de agosto de 1975. p. 34. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar