Güyük
Güyük Khan. Nado en 1206 e finado en 1248, fillo e sucesor de Ögödei e neto de Xenxis Khan.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (mn) ᠭᠦᠶᠦᠭ ᠬᠠᠭᠠᠨ (mn) Гүюг хаан ![]() |
---|---|
Nome de templo | 定宗 ![]() |
Nome póstumo | 簡平皇帝 ![]() |
Biografía | |
Nacemento | (mn) ᠭᠦᠶ᠋ᠦᠭ ![]() 19 de marzo de 1206 ![]() Camague Mongol (pt) ![]() ![]() |
Morte | 20 de abril de 1248 ![]() Imperio Mongol ![]() |
![]() | |
24 de agosto de 1246 – 1248 ← Töregene Khatun (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Tengrismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Familia | Chingissid (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Wuwuerheimishi Ogul Caimis Naimanzhen ![]() |
Fillos | Khoja ( ![]() Naqu ( ![]() Khokhoo ( ![]() Babahaer ( ![]() Yelimishi ( ![]() ![]() |
Pais | Ögödei ![]() ![]() |
Irmáns | Sürkhakhan Godan Khan Khadan Mieli Khochu Khorachar Khashi ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron History of Yuan (en) ![]() New History of Yuan (en) ![]() ![]() |
![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/f4/G%C3%BCy%C3%BCk_%C3%A0_la_f%C3%AAte.jpeg/220px-G%C3%BCy%C3%BCk_%C3%A0_la_f%C3%AAte.jpeg)
Traxectoria
editarEn 1233 conquistou o reino de Dongxia limítrofe con Corea. Participou na grande invasión do Leste e Centroeuropa dirixida polo xeneral Subotai onde se enemistou con Batu Khan, fillo de Jochi, o primoxénito de Xenxis Khan. Trala rexencia da súa nai, Törgene Khatun, durante cinco anos e contra os desexos do seu pai, e unha vez neutralizada a manobra militar do irmán máis novo de Xenxis Khan, Temuge, foi elixido e entronizado por un multitudinario kurultai o 24 de agosto de 1246. Asistiron príncipes europeos, armenios, xeorxianos, representantes dos selxúcidas, e do propio Califa de Bagdad; pero faltou seu curmán Batu, que estaba consolidando un enorme poder territorial con grande autonomía nas estepas rusas coa súa Horda de Ouro. Nese kurultai estivo tamén o franciscano Xoán de Plano Carpini como embaixador do papa Inocencio IV. Este embaixador solicitoulle que detivese os ataques contra Europa e os reinos cristiáns.
Aumentou os impostos, executou a altos oficiais do anterior goberno que lle resultaron sospeitosos, expresou aos embaixadores europeos as súas pretensións de dominio mundial, autorizou operacións de saqueo en Corea e puña e quitaba reis en reinos como o de Xeorxia, que acabou dividindo, e no Sultanato de Rum. Rodeouse para os labores de goberno de cristiáns nestorianos. Organizou un gran censo nos seus dominios e fixo do reino armenio de Cilicia o seu vasalo.
Resolto a recompoñer a unidade do imperio do seu pai co fin de dominar Europa e preparar un grande ataque mortal ao Imperio Abasida, chamou ao seu encontro a Batu. Este foi advertido de que podía caer nunha trampa, polo que se achegou a Asia central co seu grande exército. Güyük fixo o propio e marchou ao seu encontro. Cando o gran choque parecía inevitable, Güyük morreu en circunstancias pouco claras, parece ser que dunha chea.
Batu conseguiu impoñer ao seu candidato Mongke, fillo de Tolui.