Fuso (ferramenta)
O fuso é unha ferramenta para fiar. A súa invención é moi antiga, sendo o seu uso universal. Na súa forma máis simple consiste nunha peza cilíndrica afiada polos extremos arredor da cal o fiandeiro (tradicionalmente fiandeira) vai formando o fío. Foi superada pola introdución da roca, pero aínda segue a ser unha ferramenta común polo seu baixo custo. Neste sistema de fiazón cóllense as fibras e cunha primeira torcida do polgar e índice vaise facendo o fío. A medida que este vai crecendo, é enrolado no fuso, que se mantén en rotación, formando a mazaroca.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/a4/Centro_de_recuperaci%C3%B3n_da_cultura_popular.jpg/220px-Centro_de_recuperaci%C3%B3n_da_cultura_popular.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/7/76/Hunterian_Psalter_c._1170_Eve_spinning.jpg/220px-Hunterian_Psalter_c._1170_Eve_spinning.jpg)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fuso.
Os obxectos que teñen forma de fuso chámanse fusiformes.