Furafollas grande
O furafollas grande[2] (Sorex coronatus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.
Furafollas grande | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Sorex (Sorex) coronatus Millet, 1828 | |||||||||||||||||||
![]() Distribución de Sorex coronatus.
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Características
editarO furafollas grande presenta un aspecto corporal semellante ao da Sorex araneus, mais con dimensións lixeiramente menores. Aínda que o pelame amosa unha notable variación xeográfica, xeralmente é tricolor, co lombo pardo escuro, os francos máis claros e o ventre pardo agrisado.
Distribución
editarOcupa o suroeste de Europa, dende o norte de España até o curso do río Elba, en Alemaña e o extremo occidental de Austria. Tamén está presente na illa de Xersei (Reino Unido). A súa distribución ibérica comprende a franxa setentrional, dende o extremo oriental de Galicia até o noroeste do Pireneo catalán e norte do Sistema Ibérico.
Hábitat
editarÉ unha especie de requirimentos basicamente atlánticos. Ocupa unha gran variedade de hábitat, aínda que require chans húmidos con boa cobertura vexetal, coma os bosques caducifolios, mixtos e de coníferas, así como prados alpinos, subalpinos e atlánticos. Na Península Ibérica a súa distribución abrangue dende o nivel do mar até os 2.200 metros. É probable que, como acontece en Centroeuropa, nas zonas que coexiste co Sorex araneus, a súa presenza fica confinada a zonas de menor altitude, debido á existencia dunha exclusión mutua entre ambas as especies.
Depredación
editarPolos seus hábitos crepusculares e nocturnos é unha especie depredada principalmente por rapaces nocturnas, como a curuxa (Tyto alba), o bufo real (Bubo bubo) e o bufo pequeno (Asio otus), e por certos mamíferos carnívoros, como o armiño (Mustela erminia), o tourón (Mustela putorius).
Notas
editar- ↑ Meinig, H. & Aulagnier, S. (2016). "Sorex coronatus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T29663A2792030. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T29663A2792030.en. Consultado o 15 de decembro de 2019.
- ↑ Atlas de vertebrados de Galicia. Santiago, Sociedade Galega de Historia Natural-Consello da Cultura Galega, 1995
Ligazóns externas
editar- (en) Sorex (Sorex) coronatus, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Visto o 23 de marzo de 2020.
- (es) Sorex coronatus no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Furafollas grande |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Furafollas grande |