Fundúlidos
(Redirección desde «Fundulidae»)
Os Fundúlidos (Fundulidae, Jordan e Gilbert 1882) son unha familia de peixes teleósteos, incluída na orde dos Ciprinodontiformes (ciprinodontiformes). Inclúe especies de augas doces, augas salobres e zonas costeiras marítimas, distribuídas desde o sueste do Canadá ata México e Cuba.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/09/Fundulus_lineolatus.jpg/300px-Fundulus_lineolatus.jpg)
Características
editarA maior parte das especies son pequenas, non superando os 10 cm de lonxitude, coa excepción de Fundulus grandissimus e F. catenatus, que poden alcanzar os 20 cm. Cabeza esmagada e boca terminal, protráctil. Aletas dorsal e anal case opostas.
Caracterízanse polo óso maxilar, que é trenzado en vez de recto.
Son ovíparos.
Clasificación
editarDivídense en 4 xéneros e 48 especies:
- Xénero Adinia
- Xénero Fundulus
- Xénero Leptolucania
- Xénero Lucania
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Fundúlidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fundúlidos |
Ligazóns externas
editar- Taxonomía FishBase (en inglés)