Fundación Plácido Castro
fundación galega
A Fundación Plácido Castro é unha fundación galega constituída a iniciativa do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional e que ten coma obxectivos manter viva a memoria de Plácido Castro e fomentar a tradución de libros ao galego. Ten a súa sede no Pazo de Torrado, en Cambados.
Fundación Placido Castro | |
---|---|
![]() Sede da fundación | |
Tipo | fundación |
Data de fundación | 2001 |
Fundador(es) | IGADI, Asociación de Tradutores Galegos, Concello de Cambados, Concello de Corcubión, Concello de Vilagarcía de Arousa |
Nomeado en referencia a | Plácido Castro |
Presidente/a | Xulio Ríos (-) ![]() |
Sede | Cambados |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.fundacionplacidocastro.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/f2/Event_of_Placido_Castro_Fundation%2C_in_Cambados.jpg/220px-Event_of_Placido_Castro_Fundation%2C_in_Cambados.jpg)
A fundación está integrada polo IGADI, a Asociación de Tradutores Galegos, e os concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa. A súa actividade máis destacada é a concesión anual do Premio de Tradución Plácido Castro.