Fundación Juana de Vega
A Fundación Juana e Vega é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 1872 por desexo no seu testamento pola escritora Juana de Vega, que doou tódolos seus bens para ese fin. O seu obxectivo era a creación dunha escola agraria, teórica e práctica.
Fundación Juana de Vega | |
---|---|
Tipo | Agraria |
Data de fundación | 1872 |
Fundador(es) | Juana de Vega |
Localización | |
Enderezo | Rúa Salvador Allende, 92, San Pedro de Nós. Oleiros, Galiza 15176 |
En | Oleiros |
País | Galicia |
Na rede | |
https://juanadevega.org/ga/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ao non ter axuda doutras institucións públicas a Fundación en 1970 trocou os obxectivos fundacionais. En 1992 chegou a acordos coa Universidade da Coruña para pór en práctica proxectos agrarios e de investigación.