Frutos Xesús Martínez Saavedra
Frutos Xesús Martínez Saavedra, nado en Pontedeume[1], é un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() Pontedeume, España ![]() |
![]() | |
1987 – 1995 – Manuel Pose Miñones → | |
![]() | |
1971 – 1974 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
Traxectoria
editarMestre de EXB, foi director do colexio de Camariñas, chegando a exercer de alcalde de 1971 a 1974[2]. Trasladouse a Arteixo en 1979, onde foi director do colexio de EXB desta localidade. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Arteixo, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Posteriormente estableceu un pacto de goberno co BNG e o PSF, o cal acabaría abandonando o BNG e se sumaría un edil do CDS. En decembro de 1988 os dous edís que apoiaban ós socialistas tamén romperon o acordo, e en xaneiro de 1989 estableceuse un pacto cos edís de AP[3]. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada, establecendo logo un pacto de goberno co BNG, o cal terminou rompendo en outubro de 1992[4].
Nas municipais de 1995 empatou a 7 edís co PPdeG, o cal o superou en votos, pese a aumenta-lo seu nivel de respaldo e votos. Se ben tiña a opción de conserva-la alcaldía co apoio dos 3 edís do BNG, a negativa destes supuxo que a alcaldía pasase ó candidato popular Manuel Pose Miñones, en contra do criterio da dirección superior dos nacionalistas, que expulsou os concelleiros, un dos cales se incorporou ao PPdeG en 1999. Neste mandato foi deputado provincial. Foi de novo candidato socialista nas municipais de 1999, pero non logrou recupera-la alcaldía ó logra-lo PPdeG maioría absoluta, retirándose da política á fin dese mandato.
Predecesor: Eulogio Gestal Varela |
Alcalde de Arteixo 1987 - 1995 |
Sucesor: Manuel Pose Miñones |
Predecesor: ? |
Alcalde de Camariñas 1971 - 1974 |
Sucesor: ? |