Front Nacional de Catalunya
Front Nacional de Catalunya (FNC) foi unha organización política catalá fundada en Perpiñán como fronte patriótica de organizacións políticas nacionalistas catalás no exilio tras a guerra civil española.
Front Nacional de Catalunya | |
---|---|
![]() | |
Tipo | organización política e partido político catalán |
Ideoloxía | Independentismo catalán, socialismo, socialismo autoxestionario, Marxismo e Canibalismo |
Data de fundación | 1940 |
Data de disolución | 1990 |
Secretario/a | Joan Colomines, Joan Cornudella i Barberà, Joan-Ramon Colomines-Companys, Jordi Casas-Salat i Fossas e Francesc Espriu i Puigdollers |
Sede | Barcelona |
País | España |
Na rede | |
https://www.fnc.cat/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1942 Nosaltres Sols, Estat Català e a Federació Nacional d’Estudiants Nacionalistes participaron na creación da FNC e a organización traballou durante a segunda guerra mundial como aliada da resistencia francesa e dos servizos de intelixencia polacos e británicos e organizando o paso polos Pireneos ata España de máis de 800 aviadores aliados, xudeus e outros fuxitivos.
A FNC reivindicaba o dereito á autodeterminación, organizou unha sección militar no interior que foi desartellada pola policia en 1946. En 1947 Estat Català retírouse da fronte. En 1960 a FNC definiuse como socialista e na procura da independencia dos países cataláns. En 1968 produciuse a escisión dunha parte da militancia que fundou o Partit Socialista d'Alliberament Nacional. A FNC tivo escaso protagonismo durante a transición e disolveuse formalmente en 1982.