Fritz Strassmann
Fritz Strassmann (Boppard, 22 de febreiro de 1902 - Maguncia, 22 de abril de 1980) foi un químico analítico alemán.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (de) Fritz Straßmann ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Friedrich Wilhelm Straßmann ![]() 22 de febreiro de 1902 ![]() Boppard, Alemaña ![]() |
Morte | 22 de abril de 1980 ![]() Maguncia, Alemaña ![]() |
Residencia | Alemaña ![]() |
Educación | Universidade de Hanover (pt) ![]() ![]() |
Director de tese | Otto Hahn ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Química, Química analítica e Fisión nuclear ![]() |
Lugar de traballo | Maguncia ![]() |
Ocupación | químico, científico nuclear, profesor universitario, membro da resistencia ![]() |
Empregador | Universidade de Maguncia Sociedade Kaiser Wilhelm Instituto de Química Max Planck (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Otto Straßmann ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Physicists: Biographical Dictionary (en) ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFormouse na Escola Técnica Superior da cidade de Hannover e foi investigador do Instituto Kaiser Wilhelm entre os anos 1929 e 1945. Negouse a unirse ao Partido Nazi ou a calquera organización afín, e pasou a colaborar con Otto Hahn, con quen descubriu en 1938 que cando se bombardeaba con neutróns o núcleo dun átomo este fragmentábase en dous átomos máis pequenos. Este fenómeno, coñecido coma fisión nuclear, foi a base das primeiras bombas atómicas así coma dos reactores nucleares.
Levou a cabo tamén diversos estudos referidos ao grupo de elementos químicos coñecidos como transuránidos. En 1946 foi nomeado profesor de química inorgánica da Universidade de Maguncia e en 1953 director do departamento de química do Instituto Max Planck.