Frits Zernike
Frits Zernike, nado en Ámsterdam, Países Baixos, o 16 de xullo de 1888 e finado o 10 de marzo de 1966 en Amersfoort, foi un físico neerlandés gañador do Premio Nobel de Física o ano 1953 pola súa invención do microscopio de contraste de fases.
Traxectoria
editarHerdou do seu pai, mestre de matemáticas, a súa paixón pola física, licenciándose en química, física e matemáticas pola Universidade de Ámsterdam. En 1913 conseguiu ser asistente do astrónomo Jacobus Kapteyn no laboratorio astronómico da Universidade de Groningen, sendo nomeado o ano 1920 profesor de física teórica e mecánica cuántica.
Investigacións científicas
editarInteresado na óptica, o 1930 iniciou os seus estudos sobre as liñas espectrais, creando no ano 1932 o primeiro microscopio de contraste de fases. A súa invención, que constituíu unha gran mellora en comparación coa teoría clásica do microscopio establecida por Ernst Karl Abbe, baseouse en que a luz reflectida por unha superficie metálica experimenta varios cambios de fase. Así mesmo describiu a aberración óptica nos microscopios e telescopios.
No ano 1953 foi galardoado co Premio Nobel de Física pola invención do microscopio de constraste.
Recoñecementos
editarEn honra súa denominouse o cráter Zernike da Lúa, así como a asteroide (11779) Zernike descuberto o 16 de outubro de 1977 por Cornelis Johannes van Houten, Ingrid van Houten-Groeneveld e Tom Gehrels.