Fridtjof Nansen (F-300)
Fridtjof Nansen (F-300) é unha serie de cinco buques construídos por Izar (actual Navantia) en Ferrol para a Armada Real de Noruega con denominación F-300. Deseño baseado na Álvaro de Bazán (F-101) da Armada Española.
Fridtjof Nansen (F-300) | |
---|---|
Fridtjof Nansen e Helge Ingstad berthed en Oslo, abril de 2010. | |
Historial | ![]() |
Estaleiro | Izar, actual Navantia en Ferrol |
Clase | F-300 |
Tipo | Fragata |
Operador | Real Armada de Noruega |
Autorizado | 23 de xuño de 2000 |
Posta en grella | 2002 |
Botado | 3 de xuño de 2004 (F 310) |
Asignado | 18 de xaneiro de 2011 (F 314) |
Destino | Noruega |
Características xerais | |
Desprazamento | 5 121 t |
Eslora | 132 m |
Manga | 16,8 m |
Puntal | 9,5 m |
Calado | 4,9 m |
Cubertas | 5 |
Sensores | Lockheed Martin AN/SPY-1D 3-D |
Blindaxe | AH-36 e DH-36, aceiro NV550 |
Armamento | 1 canón de 76 mm OTO Melara Super Rapad 4 metralladoras de 12,70 mm 2 lanzadores dobres de torpedos antisubmarinos Mk 46 1 sistema de lanzamento vertical Mk.41 con 32 celas 8 mísiles superficie-aire Standard SM-2MR Bloque IIIA *32 mísiles superficie-aire RIM-162 Evolved Sea Sparrow 8 mísiles de cruceiro superficie-superficie RGM-109 Tomahawk |
Guerra electrónica | radar multifunción Lockheed Martin AN/SPY-1F 3-D Reutech RSR 210N Sagem Vigy 20 sonar de casco MRS 2000 Captas MK II V1 sonar activo/pasivo 2 radares de directores de tiro Mark 82 |
Propulsión | Diésel e/ou turbina gas, 2 hélices de 4,2 metros de diámetro de paso variable con 5 palas e 1 motor eléctrico retráctil |
Potencia | 2 Bazán Bravo 12V 4.5 MW diésel para velocidade de cruceiro 1 turbina de gas GE LM2500 21,5 MW para alta velocidade 4 xeradores Diésel MTU 396 Serie 12 V 1250 kVA |
Velocidade | 27 nós |
Autonomía | 4.500 m.n. a 16 nós |
Tripulación | 120 persoas |
Aeronaves | 1 Helicóptero medio NH-90 |
Equipamento aeronaves | Cuberta de voo a popa e hangar para un helicóptero. |
Sociadade de clasificación: Det Norske Veritas |
Proxecto
editarEn 1999 o goberno de Noruega iniciou un programa para modernizar as forzas navais do país. Nun concurso internacional aberto presentáronse doce proxectos dos cales foron quedando tres: Alemaña, Países Baixos (Damen) e España (Izar). Estes tres países estaban a definir un proxecto común de fragata, un buque centrado na loita aérea. O proxecto europeo foi abandonado por España ao non estar operativo o sistema defensivo optando polo sistema Aegis norteamericano, xa operativo. O proxecto final presentado á Real Armada de Noruega incluía o sistema Aegis montado nun buque de menor desprazamento que as F-100 da Armada Española. O 29 de febreiro de 2000 foi asinado o contrato por 2375 millóns de euros. O acordo incluía a compra de material militar noruegués por 1325 millóns de euros.
O acordo tamén incluía a construción de dous dos buques en Noruega con asesoramento de Izar. O acordo previo con dous estaleiros noruegueses non chegaría a iniciarse. As peticións dun deles fixeron inviable a fabricación e a creba doutro fixo que todos os buques foran finalmente construídos en Ferrol simultaneando a súa construción coa serie F-100 da Armada Española.
En maio de 2005 morreron catro traballadores do estaleiro nun accidente na construción do Roald Amundsen.[1]
En 2006 a KNM Fridtjof Nansen chegou a Noruega con manchas de óxido no seu casco. Foi acusado o estaleiro de ter pintado de xeito deficiente o buque. Segundo Navantia o erro estaba na selección da pintura norueguesa ao non aceptar a empregada pola Armada Española.[2]
Buques da serie
editar
Nome |
Numeral |
Estaleiro |
Iniciado |
Botado |
Entregado |
Indicativo de chamada |
Imaxe |
---|---|---|---|---|---|---|---|
F 310 | Izar Ferrol | 9 de abril de 2003[3] | 3 de xuño de 2004 | 5 de abril de 2006 | |||
F 311 | Izar Ferrol | 3 de xuño de 2004 | 25 de maio de 2005[4] | 21 de maio de 2007[5] | |||
F 312 | Navantia Ferrol | 28 de marzo de 2005[6] | 28 de abril de 2006 | 30 de abril de 2008[7] | |||
F 313 | Navantia Ferrol | 28 de abril de 2006 | 23 de novembro de 2007[8] | 29 de setembro de 2009[9] | |||
F 314 | Navantia Ferrol | 10 de marzo de 2008 | 11 de febreiro de 2009[10][11] | 18 de xaneiro de 2011[12] |
Notas
editar- ↑ "Mueren cuatro trabajadores por asfixia en una fragata que se construye en Ferrol", El País, 12 de maio de 2005 (en castelán).
- ↑ "El extraño caso de la fragata oxidada: Oslo acusa a Navantia de venderle un buque con manchas de óxido y el astillero culpa a la pintura elegida por los noruegos" Arquivado 16 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Belt (en castelán).
- ↑ Puesta de Quilla de la fragata F-310 Fridtjof Nansen
- ↑ Botadura de la fragata F-311 «Roald Amundsen» para la Armada de Noruega
- ↑ Navantia entrega la fragata «Roald Amundsen» a la Armada de Noruega
- ↑ Puesta de quilla de la fragata F-312 «Otto Sverdrup» para Noruega
- ↑ Navantia entrega a la Armada noruega la fragata «Otto Sverdrup», tercera unidad de la serie F-310
- ↑ Botadura de la fragata KNM «Helge Ingstad» en el astillero de Ferrol
- ↑ "Navantia entrega la fragata F-313 Helge Ingstad a la Marina de Noruega". Infodefensa. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Navantia, obligada a aplazar la botadura de la 5ª fragata de la Armada noruega del próximo lunes por el temporal". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Navantia, bota la quinta fragata para Noruega". Navantia. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Navantia entrega hoy a la Marina Noruega la última de las cinco fragatas" Arquivado 16 de xuño de 2018 en Wayback Machine., ABC (en castelán).