Frederick Jackson Turner
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Frederick Jackson Turner, nado o 14 de novembro de 1861 e finado en 1932, foi, xunto con Charles A. Beard, o historiador americano máis influente do comezo do século XX[Cómpre referencia].
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1861 ![]() Portage, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 14 de marzo de 1932 ![]() San Marino, Estados Unidos de América ![]() |
Lugar de sepultura | Forest Hill Cemetery (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison Universidade Johns Hopkins ![]() |
Director de tese | Herbert Baxter Adams ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Historiador ![]() |
Ocupación | historiador, escritor ![]() |
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Wisconsin-Madison ![]() |
Membro de | |
Alumnos | Arnold Gesell ![]() |
Obra | |
Doutorando | Charles J. Bullock (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | Andrew Jackson Turner ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() The Encyclopedia Americana ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en Portage, Wisconsin, Turner graduouse na Universidade de Wisconsin en 1884, onde foi membro da fraternidade de Phi Kappa PSI, e gañou o doutoramento en historia na Universidade Johns Hopkins en 1890 cunha tese sobre o comercio da pel de Wisconsin. Como profesor da historia en Wisconsin (1890-1910) e Harvard (1910-1922), Turner ensinou aos homes que dominaron os programas americanos da historia. A súa énfase na importancia que tivo a fronteira na formación do carácter americano influenciou a interpretación atopada en milleiros de historias académicas. O seu modelo do seccionalismo como composto de forzas sociais, tales como pertenza étnica e propiedade de terreo, deu ós historiadores as ferramentas para utilizar a historia social como para documentar o progreso social, económico e político en historia americana.
Frederick Jackson Turner recórdase hoxe pola súa "tese da fronteira", que se deu a coñecer por primeira vez o 12 de xullo de 1893 nunha conferencia lida en Chicago para a Asociación Histórica Americana, el indicou que o espírito e o éxito dos Estados Unidos lígase directamente á extensión do territorio cara ao oeste.