Franz Friedrich Kohl
Franz Friedrich Kohl, nado en St. Valentin auf der Haide, Tirol do Sur (Imperio Austro-Húngaro), o 13 de xaneiro de 1851 e finado en Traismauer, Baixa Austria (República de Austria), o 15 de decembro de 1924, foi un entomólogo e investigador da música folclórica austríaco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1851 ![]() San Valentino alla Muta, Italia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 15 de decembro de 1924 ![]() Traismauer, Austria (pt) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Austríaca |
Actividade | |
Campo de traballo | Himenópteros ![]() |
Ocupación | Profesor de música, entomólogo |
Empregador | Naturhistorisches Museum (pt) ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en St. Valentin auf der Haide, Tirol do Sur, vila daquela pertencente ao Imperio Austrohúngaro e hoxe pertencente á provincia autónoma de Bolzano de Italia.
Kohl foi inicialmente docente de ensino secundario en Bolzano e despois en Innsbruck, como profesor de música.
Posteriormente traballou no departamento de entomoloxía do Museo de Historia Natural de Viena (Naturhistorisches Museum. Wien). Especializouse en himenópteros, especialmente na familia dos esfécidos. Publicou unhas 75 obras sobre entomoloxía, incluídas 12 monografías, é dicir, aquelas nas que máis se fomenta a sistemática desta rama da ciencia.
É coñecido pola súa monografía Die Crabronen der paläarktischen Region monographisch bearbeitet, publicada en 1915 en Ann. Hofmus. Wien 29: 1-453. Fóra do ámbito entomolóxico é tamén coñecido pola descrición, en 1886, do xénero Litocranius, antílope da subfamilia dos antilopinos, que publicou en Ann. K. K. Naturhist. Hofmus. Wien, 1: 79.[1]
Abreviatura
editarA abreviatura Kohl emprégase para recoñecer a Franz Friedrich Kohl como autoridade na descrición e clasificación taxonómica en zooloxía.
Notas
editar- ↑ Wilson & Reeder 2005, p. 120.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Musgrave, A. (1932): "Bibliography of Australian Entomology 1775 - 1930: with biographical notes on authors and collectors". Sydney: Royal Zoological Society of New South Wales, 1932: 180.
- Nonveiller, G. (1999): "The Pioneers of the research on the Insects of Dalmatia". Zagreb: Hrvatski Pridodoslovni Muzej: 1-390.
- Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Ligazóns externas
editar- Obras de ou sobre Franz Friedrich Kohl en Internet Archive
- Franz Friedrich Kohl (en alemán).
- Obituario (Pdf) (en alemán).
- Works on Sphecidae (en inglés).
- BMLO Kohl, Franz Friedrich, pedagogo musical (en alemán).