Frank Tovey
Francis John Tovey, coñecido como Fad Gadget, nado en Londres o 8 de setembro de 1956 e finado na súa cidade natal o 3 de abril de 2002, foi un músico e icónico vocalista de sona internacional asociado á música avant-garde, considerado como un promotor inicial da música industrial e new wave.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1956 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Morte | 3 de abril de 2002 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Educación | Universidade Metropolitana de Leeds ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música ![]() |
Ocupación | cantante, músico ![]() |
Período de actividade | 1979 ![]() |
Xénero artístico | New wave ![]() |
Instrumento | Sintetizador e voz ![]() |
Selo discográfico | Mute Records ![]() |
Sitio web | fadgadget.co.uk ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tovey influíu o movemento popularizado por bandas como Cabaret Voltaire, The Human League e Depeche Mode coa fichaxe polo selo Mute Records no ano 1979, como primeiro artista contratado pola firma. Usando o alcume de Fad Gadget, lanzou catro álbums, que estaban marcados polo funk electrónico escuro rematado polo distintivo acento inglés e xogos vocais con berros e asubíos do artista.
Traxectoria
editarEn 1974 Tovey comezou a asistir a unha escola de arte de Londres, onde se centrou principalmente na fotografía, o cine e a performance. Un ano máis tarde matriculouse na famosa Politécnica de Belas Artes de Leeds, onde xurdiron as primeiras ideas para os seus primeiros concertos. De 1976 a 1978, Tovey compaxinou traballos ocasionais coa composición das súas primeiras cancións propias. Nun concerto da banda The Monochrome Set coñeceu ao traballador en discográficas Daniel Miller, o inicio dunha colaboración artística a longo prazo.
En 1979 Tovey lanzou o seu sinxelo debut Back to Nature como Fad Gadget. Fad Gadget era o pseudónimo de Tovey construído como un personaxe de performance artístico. Nos seus vídeos musicais e portadas de discos, Fad Gadget presentábase alquitranado e emplumado a corpo enteiro, ou cuberto con crema de barbear. Gadget foi o primeiro artista do selo Mute Records fundado por Daniel Miller. Outros sinxelos de Gadget foron "Ricky's Hand", "Fireside Favorite", "Make Room/Lady Shave" e "Collapses New People", coa banda berlinesa Einstürzende Neubauten. En 1984 publicáronse catro álbums de Gadget: Fireside Favorites (1980), Incontinent (1981), Under the Flag (1982) e Gag (1984).
En 1980 a banda aínda descoñecida Depeche Mode apareceu abrindo o concerto de Gadget. Despois deste concerto, Depeche Mode ficharon dentro de Mute Records. Con todo, Gadget non logrou un grande éxito de popularidade no seu momento. A pesar do alto recoñecemento na escena electrónica da década de 1980, o seu nivel de popularidade mantívose baixo.
Musicalmente, un dos primeiros puntos de inflexión chegou coa gravación do seu cuarto e último traballo como Fad Gadget. Se co anterior Under the Flag xa comezara certos achegamentos ao soul dance e a unha música, en xeral con Gag (1984) comezou a colaborar con músicos de estudio. Para iso viaxou a Berlín, ao famoso Hansa Tonstudio onde traballou coa violista Joni Sackett, o teclista David Simmonds e para os procesos de gravación con Rowland S. Howard.
En 1986, Tovey abandonou o seu alter ego Fad Gadget e comezou a actuar co seu nome e con el publicou Snakes & Ladders (1986) e Civilians (1988) que a crítica definiu como synth pop. O segundo álbum ligouse na prensa á música de Bad Seeds.
Cada vez máis interesado polos instrumentos acústicos, Frank decidiu gravar a guitarra en 1989 Tyranny And The Hired Hand, un disco de folk con cancións sobre o duro traballo no campo e as condicións da mina.
Grand Union seguiu en 1991. Este disco tamén se caracterizou por unha instrumentación cada vez máis diversa con guitarras, banxos e mesmo arpas xudías. Do mesmo xeito que co seu seguinte álbum, foi apoiado por The Pyros.[2]
A segunda entrega con The Pyros titulada Worried Men In Second-Hand Suits (1992) foi un disco de rock e blues. Despois da xira de promoción do álbum, Tovey retirouse inesperadamente da industria musical. Mantívose no anonimato o resto dos noventa ata que a finais da década a banda austríaca Temple X pediulle asinar como produtor un dos seus discos. Tovey aceptou, e despois de actuar (como Fad Gadget) xunto a eles, decidiu volver aos escenarios; abrindo para Depeche Mode no seu Exciter Tour de 2001. Mute aproveitou para lanzar The Best of Fad Gadget (2001), unha dobre antoloxía que incluía varias caras B e remixes mentres alternaba actuacións en directo con sesións para un novo disco.
En 2002, con corenta e cinco anos, faleceu dun ataque cardíaco.
Notas
editar- ↑ "Frank Tovey, 46, Industrial-Music Innovator". 15 de abril de 2002. Consultado o 01 de decembro de 2024.
- ↑ "¡Malditos seáis! Frank Tovey". Consultado o 13 de outubro de 2024.