Frank Edgar Scobey
Frank Edgar Scobey, nado en Troy, Ohio, o 27 de febreiro de 1866 e finado en San Antonio, Texas, o 7 de febreiro de 1931, foi un empresario e político estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1922 e 1923.
![]() Frank Edgar Scobey Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1922-1923) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1866 Troy. ![]() |
Morte | 7 de febreiro de 1931 San Antonio. ![]() |
País de nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Home de negocios, político e alto funcionario. |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarFrank Edgar Scobey naceu en Troy, no condado de Miami, Ohio, o 27 de febreiro de 1866,[1] fillo de Martha J. Vandeveer e de William Scobey. A súa primeira instrución tivo lugar en escolas públicas da súa vila natal.[2][3]
Carreira profesional
editarPosteriormente, Scobey accedeu a un posto como axente da compañía Standard Oil en Troy,[4] mais deixou este labor ao caer enfermo, polo que pasou varios anos viaxando para mellorar a súa saúde, pasando os invernos entre Florida e Texas.[4]
En 1894 estableceu un negocio en asociación co seu tío J. F. Vandeveer.[4]
Xa desde novo, Scobey foi un membro activo do Partido Republicano no condado de Miami. En 1897 foi elixido shériff do condado e, logo dunha reelección, mantivo o cargo ata a súa dimisión en 1902.[2][3]
Ó seu apoio ao membro do Senado dos EEUU Joseph B. Foraker facilitoulle o acceso ao posto de secretario xefe do Senado de Ohio. Nesta época cultivou unha amizade co daquela membro do Senado de Ohio Warren G. Harding. Scobey mantivo este posto ata que en 1904 se trasladou a San Antonio, Texas, onde fundou a compañía Scobey Fireproof Storage Co. e participou en diversos negocios inmobiliarios, ademais de presidir a delegación do Banco da Reserva Federal.[1][3]
Cando Harding foi elixido presidente dos Estados Unidos nas eleccións presidenciais de 1920, nomeou a Scobey director da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Exerceu esta dirección desde marzo de 1922 a setembro de 1923, logo do falecemento do presidente Harding.[1][3][5]
Vida persoal
editarFrank Edgar Scobey casou o 7 de maio de 1889 con Mayme Barrington, de Covington, Texas,[4] con quen tivo unha filla, chamada Ruth, nada en 1897 e finada o ano seguinte.[6]
Scobey retirouse en 1923, logo de deixar o seu posto na Casa da Moeda, e pasou a dedicarse aos seus asuntos privados. Morreu en San Antonio, Texas, o 7 de febreiro de 1931, e foi soterrado no cemiterio da súa vila natal de Troy.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Smith, P. (2012). "Scobey, Frank Edgar".
- ↑ 2,0 2,1 Mercer, J. K.; Rife, E. K. (1903). Páxina 146.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Frank Edgar Scobey".
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Harbaugh, T. C. (1908).
- ↑ "Former Directors of the United States Mint". United States Mint.
- ↑ Mercer, J. K.; Rife, E. K. (1903). Páxina 147.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frank Edgar Scobey |
Bibliografía
editar- Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Frank Edgar Scobey". En Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 159.
- Harbaugh, T. C. (1908). Centennial History of Troy, Piqua, and Miami County. Richmond-Arnwed Publishing, Chicago.
- Mercer, J. K.; Rife, E. K. (1903). "Frank Edgar Scobey". En Representative Men of Ohio, 1900-1903. Ohio. Páxina 146
- Smith, P. (2012). "Scobey, Frank Edgar". En American Numismatic Biographies. Páxina 330.
Outros artigos
editar
Predecesor: Raymond T. Baker |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1922-1923 |
Sucesor: Robert J. Grant |