Francisco de Federico Riestra

avogado e político galego

Francisco de Federico Riestra, nado en Pontevedra o 12 de xullo de 1846 e finado en Miraflores de la Sierra en agosto de 1932, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaFrancisco de Federico Riestra
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1846 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 1932 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Miraflores de la Sierra, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil de Alacant
Gobernador civil de Santander
Gobernador civil de Huelva
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiFrancisco de Federico Martínez Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Francisco de Federico Martínez e sobriño do marqués de Riestra. Licenciado en Dereito Civil e Canónico. Iniciou a súa carreira política no Partido Liberal sendo elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1910. Volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1914 e 1916. Renunciou como deputado en 1916 para desempeñar o cargo de gobernador civil de Alacant. En novembro de 1917 foi nomeado gobernador civil de Santander,[1] e en abril do ano seguinte pasou ao goberno civil de Huelva.[2] Volveu ocupar o cargo de gobernador civil de Alacant en decembro de 1918. Finou en Miraflores de la Sierra en agosto de 1932.[3]

Vida persoal

editar

Casou o 19 de abril de 1909 con María Luisa Garralda Calderón, filla dos marqueses de Reinosa e condes de Autol. Enviuvou en decembro de 1919 e volveu casar. Tivo cinco fillos.

  1. La Mañana, 27-11-1917, p. 15.
  2. Correo de la Mañana, 20-4-1918, p. 1.
  3. El Universo, 26-8-1932, p. 13.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar