Francisco Varela Buela
Francisco Gerardo Varela Buela, nado en Forcarei o 17 de agosto de 1890 e finado en Cerdedo o 4 de outubro de 1981, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1890 ![]() Forcarei, España ![]() |
Morte | 4 de outubro de 1981 ![]() Cerdedo, España ![]() |
Alcalde de Cerdedo | |
1924 – 1926 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | José Varela Buela ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Manuel Varela Paz e de Encarnación Buela, e irmán de José Varela Buela. Estudou Maxisterio e recibiu o título de mestre superior en 1913. Foi mestre en Albeos (Crecente), Oia (1917), O Barco de Valdeorras, e dende 1924 en Cerdedo. Foi alcalde de Cerdedo na ditadura de Primo de Rivera (1924-1926). Durante a República, foi secretario do xulgado municipal, asesor técnico da secretaría do Concello de Cerdedo e traballou para erradicar o analfabetismo en Cerdedo. Pertenceu á Agupación Socialista de Cerdedo, da que foi elixido vicepresidente da directiva en xaneiro de 1935.[1] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou na organización da resistencia antifranquista. Foi detido en Cerdedo, preso en Pontevedra (na prisión da Normal) e despois no campo de concentración da Illa de San Simón. Foi xulgado por rebelión, depurado do seu cargo e condenado a cadea perpetua. Estivo no penal de Burgos e despois redimiu a súa condena nun batallón disciplinario nas minas de volframio de Fontao (Silleda). Saíu en liberdade provisional en 1944 e abriu unha academia en Cerdedo.
Predecesor: ? |
Alcalde de Cerdedo 1924-1926 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
editarCasou en Crecente con Dolores Caballero Méndez e foi pai de Manuel, María, Oliva e Francisco Varela Caballero.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 5-2-1935, p. 13.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira, Dionisio (2006). A II República e a represión franquista no concello de Cerdedo (PDF). Cerdedo: Asociación Verbo Xido. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24/12/2018. Consultado o 27/12/2019.
- Solla, Calros (2017). Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo. Morgante.