Francisco José Vidal-Pardo y Pardo
Francisco José Vidal-Pardo y Pardo, nado en Madrid en 1973, é letrado permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas, comezou a traballar como avogado en Lugo con 23 anos, no bufete familiar. Ten tamén un mestrado en administración financeira e tributaria pola Universidade da Coruña. En 2004 aprobou unhas oposicións a letrado da Xunta de Galicia, e a partir dese momento traballou en distintos servizos xurídicos territoriais, ou do Sergas. En 2009 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería do Mar por Rosa Quintana, e cando esta asumiu tamén as competencias sobre o agro pasou a ser o secretario xeral técnico da Consellería de Medio Rural e Mar ata o 2 de agosto de 2013.