Francisco José Portela Sandoval
Francisco José Portela Sandoval[1] , nado en Pontevedra o 18 de decembro de 1944 e finado en Madrid o 28 de agosto de 2015[2], foi un profesor e historiador da arte galego..
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1944 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 28 de agosto de 2015 ![]() Madrid, España ![]() |
Catedrático | |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudo da historia da arte ![]() |
Ocupación | historiador ![]() |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Membro de | |
Interesado en | Madrid ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFoi catedrático de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid,[3][cómpre nº de páxina] na que desenvolveu o seu labor docente durante 49 anos. Foi vicerreitor de Ordenación Académica,[4] decano da Facultade de Xeografía e Historia e director do Departamento de Historia da Arte Moderna na Universidade Complutense de Madrid.[3][cómpre nº de páxina] Tamén foi director da Academia de Arte e Historia de San Dámaso da Provincia Eclesiástica de Madrid e académico correspondente das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando de Madrid, San Carlos de Valencia e Santa Isabel de Sevilla, así como da Real da Historia, pertencendo tamén á Portuguesa da Historia e á Nacional de Belas-Artes de Portugal. Foi membro do Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire, presidente da Real Asociación de Amigos dos Museos Militares, presidente do Instituto de Estudios Madrileños, vicepresidente da Fundación Villa y Corte e director de Madrid. Revista de arte, historia y geografía editada pola Comunidade de Madrid e de Militaria. Revista de cultura militar. Formou parte como vogal do Patronato do Museo Arqueolóxico Nacional e do Consello Rexional de Patrimonio Histórico da Comunidade de Madrid.
Dedicado con preferencia ao estudo da escultura española dos séculos XVI ao XX, foi autor de libros e artigos e participou en proxectos nacionais e internacionais de investigación. Director de memorias de licenciatura e teses doutorais, foi comisario de varias exposicións e xurado de concursos.
Obras
editar- La escultura del siglo XVI en Palencia (1977).
- Escultura española del siglo XX (1980).
- Casado del Alisal: 1831-1886 (1987).
- El palacio de Buenavista. Cuartel General del Ejército (1996 e 2007).
- Luis Marco Pérez (1999).
- El Cuartel General del Aire (2000).
- El palacio de Quintana, residencia de la infanta Isabel de Borbón, "La Chata" (2011).
Recoñecementos
editarFoi condecorado coa medalla de honra da Universidade Complutense e coas cruces do Mérito Militar e do Mérito Aeronáutico do Ministerio de Defensa.
Notas
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de decembro de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2018.
- ↑ [1]
- ↑ 3,0 3,1 https://www.ucm.es/
- ↑ http://elpais.com/diario/1997/09/11/madrid/873977057_850215.html