Francisco Guerreiro Guerreiro
político galego
Francisco Guerreiro Guerreiro, nado nas Pontes de García Rodríguez cara a 1893 e finado na Capela o 19 de agosto de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1893 ![]() As Pontes de García Rodríguez, España ![]() |
Morte | 19 de agosto de 1936 ![]() A Capela, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarVeciño do Freixo. Militante do PSOE, logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro das Pontes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por un grupo da Falanxe na súa casa casa o mesmo que Joaquín Antón Rodeiro, Manuel Franco Bermúdez e tres máis, que na viaxe desde O Freixo saltaron da camioneta que os trasladaba e lograron escapar monte abaixo. Francisco, Joaquín e Manuel pasaron a noite no grupo escolar das Pontes, o actual colexio Santa María, e foron asasinados no cemiterio da Capela o 19 de agosto de 1936.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Souto López, Manuel (2002). "II República nas Pontes de García Rodriguez, 1931-1936: Os Agrario-Republicanos" (PDF). Cátedra. Revista Eumesa de Estudios (9): 157–178. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2015.
Ligazóns externas
editar- Sergio Guerra Vilaboy: "La represión fascista en As Pontes en 1936" 23/8/2014.
- A represión fascista nas Pontes en 1936