Francisco Cofán Eiriz
Francisco Cofán Eiriz, nado en Oleiros (Carballedo) cara a 1901 e finado en Ourense o 7 de outubro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 ![]() Oleiros, España ![]() |
Morte | 7 de outubro de 1936 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarComerciante veciño da Parada de Piñor (Barbadás). Esquerdista, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no único conato de resistencia ao golpe en Ourense, o corte das liñas telegráficas onde a gasolineira do Xardín do Posío, preto da Casa do Pobo, unha operación dirixida por Manuel Gómez del Valle e Fernando Cordón García. Logo agochouse no domicilio de Erundina Álvarez Pérez. Trasladado a casa de Erundina en Ferreiros, foi denunciado. A Garda Civil encontrouno, e foi detido. Estivo preso no cárcere de Ourense do 23 de setembro ao 5 de outubro, cando foi posto en liberdade. Dous días despois, o 7 de outubro, foi paseado na estrada de Reza. En xaneiro de 1937 o Xulgado Militar de Incautacións e Confiscacións decretou a incautación de todos os seus bens.[1]
Notas
editar- ↑ La Región, 13-1-1937.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gómez, Xosé Lois (2019). "Undina, a muller que fusilaron no Campo de Aragón". Lethes. Cadernos culturais do Limia (Centro Cultural Popular do Limia) (14): 129–139.