Francisco Búa Carou
Francisco Agustín Juan Búa Carou, nado en Caldas de Reis o 3 de agosto de 1888 e finado en Pamplona o 10 de xuño de 1940, foi un funcionario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1888 Caldas de Reis, España |
Morte | 10 de xuño de 1940 (51 anos) Forte de San Cristovo, España |
Causa da morte | caquexia |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político |
Familia | |
Irmáns | José Búa Carou |
Traxectoria
editarFillo de José Búa Pintos. Foi secretario dos concellos de Portas (1916) e Tomiño (1925), pasou despois ao do Rosal (1927). Militante do PSOE. Chegou a Cangas en marzo de 1936 en comisión de servizos para substituír o secretario accidental Jesús Cordeiro que fora suspendido de emprego e soldo pola Xestora da Frente Popular por irregularidades, converténdose en secretario interino do concello de Cangas.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido acusado de auxilio á rebelión militar. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra xunto ao alcalde de Cangas Agustín Jorge Etcheverri o 19 de setembro, e condenado a cadea perpetua. Ingresou no lazareto da illa de San Simón o 14 de outubro e o 14 de maio de 1937 foi trasladado ao Forte de San Cristovo en Navarra,[1] onde morreu vítima dunha enfermidade o 10 de xuño de 1940.[2]
Notas
editar- ↑ "Búa Carou, Francisco". Los presos del penal de Ezcaba.
- ↑ Fondo Documental de la Memoria Histórica en Navarra
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Nores Soliño, Antonio; Santos Castroviejo, Iago (2005). Mortos, presos, fuxidos e desertores en Cangas (Pontevedra) na retagarda in A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria (PDF). Culleredo: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. pp. 679–731. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2014.
- Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo: A Nosa Terra. p. 771. ISBN 84-96403-74-2.
Ligazóns externas
editar- Bua en Xenealoxía.org Arquivado 22 de marzo de 2014 en Wayback Machine.